mércores, 19 de abril de 2017

vacaciòns de primavera!

Despedimos o segundo trimestre cunha
actividade moi bonita e acompañadas de compañeiros que habìa tempo que non tiñamos con nos. Viñeron Maëlle, Lùa, Freixa e Manel, que alegrìa ter unha roda tan grande. Bea (e Lila), a mamá de Maia acompañounos e dirixìu a actividade central do dìa: pintar ovos, foi un dìa plàcido e creativo, rematado cun xantar compartido coas familias, e con mais alumnas doutros anos: Larua e Abraham, sentìn esa mañan que se respiraba paz e alegrìa .
Venme este pensamento à cabeza porque as visitas imprimen un aquel de tensiòn na aula, è
unha presencia nova para o alumnado e, para
min... para min tamèn è un desafìo abrir a escola a outros adultos que ven, escoitan opinan e cuestionan. Decido entendelo como parte da miña evoluciòn profesional e organizo sesiòns de traballo con mamás, empurrada mais por unha idea profesional que por desexos directos. Descubro ao mesmo tempo que brindan unha gran axuda, que aportan ideas novas y que ese dìa respiramos un aire fresco que arrecende a amor, cooperaciòn e apoio moral.
Grazas!








Ningún comentario:

Publicar un comentario