mércores, 19 de abril de 2017

e neste cole cando se estudia?

Reviso as entradas e todas relatan excursiòns, saìdas , visitas ou actividades especiais, non sei por què esas son as que suxiren escribir algo ou mostrar as fotos. Pero esas vivencias mais libres, menos enmarcadas en criterios de tempo e espacio non serìan posibles se non hai detras unha rutina que aglutina ao grupo e lle permite funcionar fora do cole con autonomìa e seguridade. Son eses pequenos momentos onde nos coñecemos uns aos outros e deseñamos unha forma de estar e de confiar. Eu confìo neles, saio a rùa, asumimos riscos sabendo que atenderàn con dilixencia as miñas indicaciòns, e eles en min, pois sìntense seguros no contexto que
estean, saben e sinten que eu velarei polo seu benestar. E esa compenetraciòn traballase no dìa a dìa, nas rutinas de entrada, na roda cos seus turnos de palabra e o diàlogo edificante, nos saùdos, no traballo acadèmico, no esforzo de rematar a tarefa, na disciplina de recoller os xoguetes, na consideraciòn de deiar que xoguen libremente moito tempo (porque iso è o que demanda o seu estado evolutivo) e na aceptaciòn de que è a mestra a que organiza o tempo e as actividades escolres, qeu o fai con responsabilidade, profesionalidade e respecto mostrando firmeza cando fai falta (evitando esas tensiòns desgastantes para todos e desorientadoras para as crianzas)  e empatìa sempre.
E entòn grazas o traballo diario, a esas rutinas que nos fan interiorizar en que modelo funcionameos ben como grupo, que podemos sair à rùa,romper a mesma rutina e disfrutar de diferentes espacios e contextos sen perder a unidade. Commo a cerdeira do patio que no mes dexuño nos agasalla cos seus frutos, imposibles se non tiveran pasado por ela os dìas as semanas e os meses de frìo, auga e sol necesarios.






















Ningún comentario:

Publicar un comentario