martes, 6 de febreiro de 2018

Imbolc ou o anuncio da primavera

Os dìas estan frìos aìnda, mesmo asì xa se adiviña que a primavera està agazapada presta a estralar en forma de cores e calores e sentìmos a sùa forza xa por adiantado, desperezámonos e abrimos os ollos despois do escuro inverno e decatàmonos de tantos cambios, de socato todo no cole vai sò, todos evoluimos aun ritmo comun, empastando as nosas enerxìas nunha sinerxia creadora, e doume conta de que aquel meniño que apenas falaba agora è un lingoreteiro anque non lle entendamos a metade da sùa leria, e aquel outro que non querìa ser maior porque iso conlevaba certos desafìos para os que non se
sentìa preparado hoxe reclama retos mais e mais difìciles, confìa nel proprio, xa lle chegou a sùa primavera, ou o anuncio dela, o Imbolc.
E , de novo, a lecciòn para amesta...ves' como todo chega? Ainda os profesionais defensores do respeto polos ritmos individuais somos sensibles a presiòn social e a ansiedade por queimar etapas, e, en seguida nos preocupamos se este neno non fala ou se aquel non controla esfìnteres, ás veces è cuestiòn de semanas, pero o importatte è que o neno en cuestiòn sinta que è aceptado tal como é , que non hai ningùn problema con él (porque non o hai), de modo que, relaxado, chagaralle o tempo de madurar a fala,os esfinteres , a locomociòn, as funciòns simbòlicas, todo!
Nestes dìas sèntese en Taboexa que temos ganas de afrontar novos retos,de botar a andar proxectos, sèntese que somos capaces e que estamos preparadas...è o Imbolc!











Ningún comentario:

Publicar un comentario