luns, 9 de abril de 2018

Matemàticas ao redor de nós.

Alguen pensaba que os pequechos non poden dividir? Poden, a semana pasada Roi trouxo unha bolsa de mandarinas, alegrìa na Escola, son moitas...cantas cres que pode haber (estimar,facer hipòteses), Axudádesme a contalas? (contar), . Cántas poderemos comer cada un? (dividir-repartir), inda sobran.
Imos de excursiòn, Mouri fuxìu e imos na sùa procura, levamos asmandarinas para merendar e compartir con ela. Non està, mais a pena èpouca, gùstanos tanto estar no monte que disfrutamos arreo na fonte e nos camiños, comemos
mandarinas e deixamos tres, unha para Mouri, outra para Moura,a sùa mamá, e outra por se qeuren convidar a alguèn.

A volta contamos cantaws mandarinas temos, cantas faltan.

A conta das mandarinas de Roi ( e ben boas que estaban) contamos , restamos e dividimos, executamos funciòns matemàticas sen saber que o estabamos facendo (a profe sì que o sabe, non deixa pasar unha), ninguèn falou de divisiòns pero dividimos. Xogando e comendo mandarinas, que sorte temos co Roi!!

Outro dìa foron as tarteletas, habìa 6 e eramos 7, pois nada, cun sector de cada unha montamos a sèdptima e asi houbo para todas.

Cando non son as galletas, cantas hai? Cantas para cada un?

As galletas dos seu desaiuno poden ser redondas ou cadradas, incluso rectangulares...

As estruturas que montan coas pezas de madeira teñen unha simetrìa impecable.

Moitas das sùas camisetas teñen nùmeros (mais as dos chicos que as das chicas, por què será?)

As matemàticas estàn presentes na nosa vida, chegarà o tempo de por nomes e de operar en abstracto. De momento poñemos atenciòn na dimensiòn matemàtica do noso entorno, , cando cheguen as contas e os exercicos algo resoarà nas nosas mentes.
orde e clasificaciòn

o valor posicional dos nùmeros
simetrìas
verticalidade


















Ningún comentario:

Publicar un comentario