domingo, 15 de abril de 2018

Ben ou mal?

Ël mòstrase satisfeito, còmo romper esa sensaciòn que serve e servirà de plataforma para novos intentos?, se él pensa que o fixo ben terà azos para volver facelo e intentar xestas mais difìciles e arriscadas, e, entre intento e intento serà quen de identificar e  utilizar o criterio que a profe lle mencionou e que el non comprendei,non a causa deningunha deficiencia na sùa mente, mesmo pode ser que a profe non se soubera explicar ou use tèrmos e configuraciòns lingüisticas que él aìnda non domina, por causas naturais derivadas do seu, natural, estadio evolutivo.



Entòn sí, nunha desas farao ben, colocarà todas as pezas de maior a menor,que è o que nos, adultas, esperamos. E ate pode ser que cando él vexa os nosos aplausos e aspavientos entenda entòn què quere dicir iso de  DE MAIOR A MENOR, DE CUENCA A PORTOMAIOR,  (coordinaciòn espazo temporal).

Unha valoraciòn negativa por parte do adulto de referencia pode ser freno para a súa autoconfianza, iniciativa e perseverancia (case nada, base da ciencia e do traballo), debemos telo moi en conta sen cair na adulaciòn absurda que non satisface mais que vaidade e desexos inmediatos, coidado, hai que saber diferenciar e actuar en consecuencia, ou, alo menos intentalo.
Neste caso a valoraciòn positiva sobre a realizaciòn da torre, ademais de servir de motivaciòn para seguir cos intentos,estaba baseada nun logro real, que moitas veces non vemos, na nosa ansia de buscar o resultado deseñado por nós na nosa mente ansiosa de resultdos ràpidos, Nico foi quen de facer unha torre, de lograr a verticalidade en equilibrio, Non é isto acaso un logro a salientar nun neno que o fai por primeira vez? Què sentido ten mandar a mensaxe de erro coas sùas consecuencias emocionais para él, se en realidade hai un traballo conseguido? É inxusto e contraproducente. O erro estarìa en nos, en non saber ver o acerto....cántas veces!!!

Abel e Alberto queren escribir o seu nome, non serei eu quen os deteña, observo a sùa escrita, a E en forma de rastrillo é un clasico en infantil, eu disfruto do rastrillo durante un tempo, a alegrìa de ver como comezan a conquistar a grafìa de cada unha das vintetantas letras do alfabeto é moi grande, non penso empañala con corrreciòns puntillosas que poden frear o proceso, neste momento delicado o que precisan è determinaciòn e confianza, un pouco de empatìa por favor, imaxinamos como pode ser abordar a aprendizaxe da lectoescrita?. Eu ás veces desplázome mentalmente a lugares domundo cunha grafìa diferente á occidental e fago ese exercicio de porme diante deses "xeroglìficos".. Teño a confianza precisa para saber e sentir que ese erro se autocorrixira en pouco tempo, e se o tempo pasa a ser moito entòn, e só entòn tomarànse decisiòns. Estamos asistindo a un momento único na vida dunha persoa, dentro dun tempo escribirá miles de palabras

A letra que me chamou a atenciòn foi a B, teño  moita curiosidade por ver como evoluciona ata a sùa forma convencional, non os corrixo, doulles tempo, parecera que a forma de Alberto està mais evolucionada, penso na miña mente inquieta que se puxera a un japonès adulto a escribir a nosa B, farìaa correctamente, polo tanto conclúo que non è un erro senòn unha incapacidade derivada do seu estadio evolutivo: as àreas do cerebro que participan nas operaciòns de coordinaciòn espazo-temporal (teño que poñer esta peza antes para que quede debaixo, teño que empezar o trazo aquì e rematalo alì para que quede esa forma ) e de control psicomotor fino non estàn aìnda maduras abondo para dar a resposta que esperamos, a insistencia e a represiòn non funcionarìan mais que negativamente freando o proceso. Hai que agardar e seguir manipulando fìsica e mentalmente elementos que incidan na maduraciòn cerebral, quèrese dicir, XOGAR.






Ningún comentario:

Publicar un comentario