luns, 18 de xuño de 2018

Na procura da Moura ou como superar atrancos e acadar as nosas metas

No xogo da Oca, como na vida, avanzamos cara as nosas metas con determinación e alegría, agradecendo as axudas e superando con afouteza os atrancos, asi entón imos na procura da Moura, ela está na súa cova agardando para compartir o seu tesouro con nós, as curuxas do faiado vannos axudar, saímos do cole e refrescámonos na fonte da Moura, paseamos por diferentes espazos da nosa contorna: O barrio do Mouro, Os Muíños da Cabreira, O Coto Morgallón…Os animais do monte axúdannos tamèn, protéxennos e acompáñannos. Cando topamos un petroglifo, bravo! pois saltamos dun a outro (sen pisalos), pero cando topamos un achado do Castro, ohhh!, quedamos un turno sen tirar, pois hai que ir levalo ao Museo. Entramos no túnel e saímos polo pozo e viceversa. Pasamos polo Lugar do Mouro, polo Castro de Altamira, …coidado!, se pranta lume o monte teremos que comezar de novo!...Topamos o tesouro, estamos cerca, Moura agarda por nós con aloumiños e agasallos para todas, para todas as crianzas, as súas amigas!

3 comentarios:

  1. Un día alguén me dixo q facer q os nenos creeran nos reis magos era enganalos. E a maravillosa sensación q da a ilusión cando eres pequeno ¿Qué? Ben vsle unha pequeniña mentira e q eu saiba ninguén tivo q ir o psicólogo por descubrir q os reis eran os pais. Coa Moura a min pásame o mesmo. Quero seguir mantendo viva esa ilusión e darlle gracias por todas as cousas fermosas q nos trouxo e q sin ningún tipo de dúbida seguirá traendo��

    ResponderEliminar
  2. Que chulo Kari, alimentando imaxinación con respecto e responsabilidade, xogando.. Noraboa por ensinar algo máis que conceptos , :)

    ResponderEliminar
  3. Acabo de atopar no facebook este xogo. Increible o teu traballo cos rapaces. Noraboa!!!!! Ilusiona moito descubrir este xeito de educar, de acompañar na formación. Gracias polo teu traballo!!!

    ResponderEliminar