luns, 18 de xuño de 2018

Resolto o caso dos monecos desaparecidos



O alumnado da EEI Taboexa leva varias semanas na procura dos seus compañeiros de trapo e madeira: Mouri, a filla da moura, o Gato Pelao, o Adrián e Pepón desapareceron da Escola supostamente vítimas do rato da Moura. Ésta mostra a súa ira por non ter recuperado a Mercurio, achado prehistórico custodiado no Museo de Pontevedra. As crianzas visitaron o Museo coa misión de recupaerar a Mercurio para a súa lexítima dona, mais non foi posible polas sofisticadas medidas de seguridad do mesmo. Ao seguinte día da visita ao Museo os monecos e Mouri non estaba na Escola e sí habia unha nota
da Moura propondo unha serie de condicións para a
súa devolución. Asi os pobres meniños e meniñas pasaron case un mes buscando pistas polo monte, pola aldea e polo cole na procura de Mouri e os amigos. Paralelamente soubemos que no cole de Rubiós sufriron similares circunstancias. Os feitos deron un xiro inesperado cando entrou en accción unha raposa misteriosa ofrecendo a súa sagaz axuda. Así entón un soalleiro día de Xuño, as crianzas de Taboexa e Rubiós sairon cedo ao monte na procura dos seus amigos e, de pista en pista, chegaron ata onde a Raposa agardaba por eles cos monecos, con historias, con mouri...e co tesouro da Moura que despide así o curso e a Iago, que marcha para o cole de primaria, cunha aventura, como outros anos, chea de agarimo e emoción para os seus seres preferido, as crianzas!.

queres ver o vídeo ? a Raposa e a Moura






1 comentario:

  1. Só podo decirvos parabéns por todo o que fixestes . Grazas por abrir a porta da vosa escola ós que estamos lonxe. Ó vervos penso: quen puidera ser nena outra vez para ir a vosa escola.

    ResponderEliminar