Estaba previsto que a Escola de San Mateo engrosara discretamente a lista das 10 escolas unitarias que pecharon este curso, e das case 200 que levan pechado nestes últimos 10 anos, pero os burócratas ignorantes, imbéciles e escuros foron torpes ao prometer á lixeira e ao minusvalorar o tesón da que tiña sentada en fronte: A Comunidade escolar de San Mateo, arroupada pola veciñanza, a cidadanía e, a Administración Local. Non contaban cun grupo de pais e nais firme e decidido a pelexar por unha atención escolar de calidade para as súas crianzas. Porque sí, porque a merecen, porque a pagamos cos nosos impostos, porque só as escolas de cercanía ofrecen a atención adecuada ás crianzas máis pequenas, porque non é certo que sexan mais caras que os centros masificados,
sábado, 20 de outubro de 2018
xoves, 11 de outubro de 2018
hai hoxe un ano...
Xa o sol deu unha volta arredor de
nós dende aquela noite de susto bermello. Mesmo así nos nosos xogos o monte sege
a arder unha e outra vez, arden as casas e o cole, arde o planeta enteiro e no
mesmo minuto apagamos todo; os lumes mundiais quedan controlados, sofocados e
apagados con solo nós dicilo con palabras, que para iso aprendimos dos
brigadistas, da motobomba e do helicóptero de extinción.
E así xogando un día tras outro exorcizamos os monstros
bermellos, e cun bico agarimoso durmimos tranquilas porque non vai a
arder de novo, pero ao día seguinte xogamos de novo a
domingo, 7 de outubro de 2018
A incorporación da crianza ao mundo escolar. O periodo de adaptación
que roda mais grande temos este curso! |
Un gran emprendemento para un ser pequeno. A meniña que compartía todo ou case todo o seu tempo coa
familia nunha posición de protagonismo pasa a formar parte dun contexto social
onde os seus pais e familiares non participan de forma protagonista. O meniño
aceptar soltar a man da nai e quedar nun espazo novo con persoas descoñecidas,
comeza a construir a súa vída “independente” do papá e a mamá á construir
relacións en termos de
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)