sábado, 20 de outubro de 2018

Xuntas por San Mateo

Estaba previsto que a Escola de San Mateo engrosara discretamente a lista das 10  escolas unitarias que pecharon este curso, e das case 200 que levan pechado nestes últimos 10 anos, pero os burócratas ignorantes,  imbéciles e escuros foron torpes ao prometer á lixeira e ao minusvalorar o tesón da que tiña sentada en fronte: A Comunidade escolar de San Mateo, arroupada pola veciñanza, a cidadanía e, a Administración Local. Non contaban cun grupo de pais e nais firme e decidido a pelexar por unha atención escolar de calidade para as súas crianzas. Porque sí, porque a merecen, porque a pagamos cos nosos impostos, porque só as escolas de cercanía ofrecen a atención adecuada ás crianzas máis pequenas, porque non é certo que sexan mais caras que os centros masificados,
en definitiva, porque as escolas rurais son patrimonio da veciñanza, primer estadio da escolarización das pequechas,en cercania coa súas familias, só as cabezas mesquiñas ignoran a riqueza que agasallan a toda a comunidade.
Bravo polas familias de San Mateo e polo Concello de Ponteareas ao apoiar decididamente esta resistencia. Dende Taboexa unha aperta solidaria!

1 comentario: