xoves, 18 de abril de 2019

avelás en Casa Uma


No outono pasado Angel agasallounos cunha boa manchea de avelás, e foi tan proveitoso o xesto (a partir de ahi os que acaban antes a merenda abren avelás para o resto), coma outros que teñen tido él e Miriam con nos, que este ano, vendo que xa non nos quedaban no caneco, voltamos a Casa Uma para facer unha interesada visita. Camiñar polos carreiros da aldea xa é de por sí ben interesante, un can atado, pobriño, unha casa abandonada, unha horta chea de legumes, se
cadra unha persoa que nos saúda e para a falar con nos... Chegar a Casa Uma é sempre unha festa, a piscina rouba a súa atención e miran apampados ao fondo imaxinando o verán que se achega paseniño. relemramos o sapo do pozo, o hotel dos insectos e a marabillosa horta. Misión cumplida, con creces, pois non só voltamos ao cole cunha caixa de avelás recolectadas en Casa Uma,se non cunha aveleira cada un preparadas para nós por tan atento anfitrión. Pero o mais bonito de todo e ir mantendo ano a ano a amizade coa aldea e a súa xente.






Ningún comentario:

Publicar un comentario