Este día era moi agardado. Roi leva mais dun ano traendo pan de millo (e biscoito) ao cole para disfrute de todas e todos. xa tiñamos a canción do pan de millo aprendida. Houbo que agardar, a casa está lonxe e o Roi aínda pequeno, os bisas estan maliños (xa marcharon pero comimos o pan do millo debullado por eles...).
Pero o día ansiado chegou e non defraudou. Botamos a andar monte arriba con determinación e ...que sorpresa ao ver a Mouri agardando por nós no cruce para axudarnos a cruzar a carretera!
Chegar a casa dos avós de Roi foi unha festa, que excitación! roi non cabía en sí, quería mostranolo todo! Creo que non menos contentos estaban Quequé e Tina, orgullosos de compartir cos amigos do neto unha pequena parte da súa vida. Cantamoslle a canción do Pan de Millo e eles nos convidaron a merendar mentres o pan se cocía no forno de pedra quecido con lume. Qué experiencia mais proveitosa para as crianzas! Qué sorte temos de que haxa Quequés e
xoves, 18 de abril de 2019
Saudamos a chegada da Primavera
O 21 de Marzo sentimos a chegada da Primavera, de Ostara no noso calendario celta, que verdes tan tenros se ven nas puntas das árbores, e cómo os brotes puxan por agromar á vida!. As prímulas nos anuncian que comeza outro ciclo para os seres vivos, da fonda osuridade da Terra a vida esperta buscando as mornas raiolas do Sol, que hai pouco voltou dende o Inverno. Na carballeira do Candón intercambiamos agasallos coa terra, alí deixamos a pegada alegre das crianzas e recibimos pequenos carballiños que serán prantados por nós, en diferentes lugares das nosas aldeas. a
avelás en Casa Uma
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)