xoves, 18 de abril de 2019

o pan de millo do Quequé

Este día era moi agardado. Roi leva mais dun ano traendo pan de millo (e biscoito) ao cole para disfrute de todas e todos. xa tiñamos a canción do pan de millo aprendida. Houbo que agardar, a casa está lonxe e o Roi aínda pequeno, os bisas estan maliños (xa marcharon  pero comimos o pan do millo debullado por eles...).
Pero o día ansiado chegou e non defraudou. Botamos a andar monte arriba con determinación e ...que sorpresa ao ver a Mouri agardando por nós no cruce para axudarnos a cruzar a carretera!
Chegar a casa dos avós de Roi foi unha festa, que excitación! roi non cabía en sí, quería mostranolo todo! Creo que non menos contentos estaban Quequé e Tina, orgullosos de compartir cos amigos do neto unha pequena parte da súa vida. Cantamoslle a canción do Pan de Millo e eles nos convidaron a merendar mentres o pan se cocía no forno de pedra quecido con lume. Qué experiencia mais proveitosa para as crianzas! Qué sorte temos de que haxa Quequés e
Tinas que sementan e regan, esfollan e debullan, moen e amasan..., que manteñen a sabiduría ancestral, apegada á terra, para transmitirnola a nos amorosamente.
E para rematar xogamos un rato na casa de roi, no columpio, na cama elástica, tantas veces nomeada na roda. as familias recolleron ás crianzas na casa de Roi e así a Escola fai de aglutinador social, aprendemos mentres nos divertimos, aprendemos moitas mais cousas das que somos conscientes. Gracias á familia de Roi e a todas as familias que tan xenerosamente nos ofrecen o mellor de sí para o disfrute e aproveitamento das crinazas, só a cambio da nosa desordeada algarabía.












Ningún comentario:

Publicar un comentario