luns, 22 de febreiro de 2021
a confianza
Gustoulle xogar coa torre Montessori dende os primeiros días. Eu observaba como manipulaba as pezas en vertical e horizontal máis sen atender a criterios de tamaño e privávame de "corrixir" o traballo, dícía para min: deixa que experiemente, deixa que descubra por sí mesmo a lóxica da construcción. E él mostrábame o resultado cheo de fachenda polo resultado e pedía unha foto, e eu gabábao:"mira que torre fixeches", "mira que tren fixeches", omitindo a corrección. El debía afortalar a confianza primeiro, eu debía recoñecer os méritos de facer unha liña horizontal recta, e tamén vertical en equilibrio, non pouco! O esforzo e coordinación neuromuscular necesarios para pousar a peza sen desestabilizar as anteriores...podemos asocialo ao esforzo ao escribir unha letra correctamente sen trazos erráticos ou bruscos? creo que si!, Algún día sucumbín ao impulso de corrixir e fíxeno, pero non deu resultado, él segúía facendo á súa maneira contento e ignoraba as miñas instruccións.. Eu non insistía, se cadra el non as ntendía nese momento, estaba claro,
xoves, 4 de febreiro de 2021
a teima do monte
As veces non teño tantas ganas de subir ao monte,
dame preguiza, vai frio...pero imos igual, non o dubido nen un instante, é precisamente neses intres cando confirmo que non imos ao monte porque disfrute da natureza e o movemento, que tamén, se non porque poderosas razóns pedagóxicas recomendan a natureza como o contexto ideal para que unha crianza desenvolvaas súas potencialidades físicas, emocionais, sociais, e, sí, tamén e xa que logo, intelectuais.

Numerosas voces acreditadas, pedagogos,médicos, psicólogos sosteñen esta tese e, a pouco que un se
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)