luns, 22 de febreiro de 2021

a confianza

Gustoulle xogar coa torre Montessori dende os primeiros días. Eu observaba como manipulaba as pezas en vertical e horizontal máis sen atender a criterios de tamaño e privávame de "corrixir" o traballo, dícía para min: deixa que experiemente, deixa que descubra por sí mesmo a lóxica da construcción. E él mostrábame o resultado cheo de fachenda polo resultado e pedía unha foto, e eu gabábao:"mira que torre fixeches", "mira que tren fixeches", omitindo a corrección. El debía afortalar a confianza primeiro, eu debía recoñecer os méritos de facer unha liña horizontal recta, e tamén vertical en equilibrio, non pouco! O esforzo e coordinación neuromuscular necesarios para pousar a peza sen desestabilizar as anteriores...podemos asocialo ao esforzo ao escribir unha letra correctamente sen trazos erráticos ou bruscos? creo que si!,  Algún día sucumbín ao impulso de corrixir e fíxeno, pero non deu resultado, él segúía facendo á súa maneira contento e ignoraba as miñas instruccións.. Eu non insistía, se cadra el non as  ntendía nese momento, estaba claro, non era o momento adecuado.

Onte volveu a coller as pezas e colocalas unhas por riba das outras e...sorpresa! rectificou, quitou a pequena e a puxo enriba da maior, eu observaba contenta, conseguimolo! As instruccións foron conprendidas...en diferido, como aqueloutro, ou se cadra nen facían falta, é un impulso natural ordear de maior a menor...E pedía a foto, co mesmo entusiasmo que antes.

Todo isto vai de confiar nas súas posibilidades, de valorar os alcances do seu esforzo e de saber encontrar o momento adecuado, as ventanas de oportunidade, das que falaba Montessori hai 100 anos. Todo isto vai de respectar os ritmos de aprendizaxe.

E quen fala defacer a torre fala de usar as tixeiras, agarrar o rotulador, abotoarse ou verter augadunh recipiente a outro A clave é o tempo de experimentación. Non hai verdadeiro éxito sen "errores"previos






Ningún comentario:

Publicar un comentario