xoves, 4 de febreiro de 2021

a teima do monte

As veces non teño tantas ganas de subir ao monte,
dame preguiza, vai frio...pero imos igual, non o dubido nen un instante, é precisamente neses intres cando confirmo que non imos ao monte porque disfrute da natureza e o movemento, que tamén, se non porque poderosas razóns pedagóxicas recomendan a natureza como o contexto ideal para que unha crianza desenvolvaas súas potencialidades físicas,  emocionais, sociais, e, sí, tamén e xa que logo, intelectuais. 

Numerosas voces acreditadas, pedagogos,médicos, psicólogos sosteñen esta tese e, a pouco que un se

interese por coñecela decátase de que é moi fácil comprender en qué nos beneficia a natureza e tamén cómo a falta de natureza e movemento explican moitas das doenzas modernas que cargamos sen decidírnos a sacudírnolas: dificultades de atención, aillamento, obesidade, alerxias, condutas impulsivas, ansiedade...

Mesmo así, todos os anos véxome impelida a explicar e xustificar a miña teima co monte, coa fonte da Moura, cos petróglifos, co patrimonio inmaterial, coa comunidade... e xa que logo, todos os anos, escribo algunha que outra reflexión ao respecto, quen poidera xuntar as palabras con arte e sabedoría e dicir todo de un golpe para non ter que estar tanto a repetirse, pero non teño o don da palabra, así que insistirei en tratar de explicar un ano e outro tamén, o que a intuición comprende sen palabras.

O ser humano, como natureza que é encontra nela un contexto amable e cercano, as crianzas o saben mellor ca nós pois aínda non perderon o vínculo. Así tamén observamos como teñen unha amorosa curiosidade polo mundo animal. No medio natural, cada crianza encontra o estímulo axeitado ao seu momento vital e os seus riscos persoais, para mín ésta é a clave. Alí podes saltar, descansar, observar bichos ou o curso da auga, escoitar o vento, coleccionar follas ou frores, falar con algúen, e sobre todo, xogar, xogar a correr ou ao vexo vexo, xogar só ou acompañado, xogar, porque, qué ten que facer un neno ou unha nena menor de seis anos para ter un desenvolvemento integral saudabel? xogar señores, xogar. Xogar é o traballo das crianzas, e por moitos avances tecnolóxicos que o ser humano acade, a natureza e a evolución da persoa é hoxe similar á de hai cen anos, e así como un bebé precisa e precisará o coidado e o amor do seu adulto de referencia para medrar san, a crianza precisa e precisará sempre xogar para vehicular a través do movemento, a imaxinación  e o simbolismo, o seu desenvolvemento persoal integral.

E un neno que xoga na natureza é un neno/a que está a desnvolver o seu mundo cognitivo e a súa capacidade de observación  dunha forma óptima, está coñecendo o seu corpo e a súa mente e as súas posibilidades, requisitos fundamentais a nivel académico tamén, perdan coidado señores, é o tempo de xogar, para que cando veña o tempo de estudiar todos os órganos, as capacidades e as actitudes estén na mellor disposición.

A natureza non "usurpa" a atención con estímulos colorinchos e sons estridentes, a natureza  propón diversas experiencias armonizadas e con materiais nobres e require presencia e atención para o seu disfrute, presencia e atención, non pouco!

As crianzas aprenden xogando, a adulta debe estar presente para preservar a súa integridade física mental e emocional alentando ou contendo impulsos, pero máis ben a adulta debe retraerse e confiar, observar, "ler" ao neno/a para aprender del e así deseñar estratexias máis eficaces para acompañalo e impulsalo no seu desenvolvemento.

E se ese xogo se da de forma colectiva, a crianza aprende a coordinar os seus desexos, impulsos, propostas e necesidaades coas dos demáis, aspecto crucial para a convivencia, porque a medida que se abandona a idade infantil , onde se ten un estatus e unha protección especial por parte dos adultos de referencia, todo é convivencia . E esforzo, responsabilidade, perseverancia...e todo iso aprendese si, xogando, e, mellor ao aire libre.

E teño a sorte de contar con Raquel, a orientadora escolar que nos acompaña todos os mércores á Fonte da Moura, ela tivo a capacidade de comprender que perfectamente podía facer a súa intervención profesional entre salgueiros e regatos, agradezo enormemente a súa colaboración e xenerosa implicación.

Déixovos enlace a unha presentación sobre Bosquescolas, e a asociación Española de educación na natureza edna














Ningún comentario:

Publicar un comentario