martes, 25 de maio de 2021

En Maio Moura reclama a Mercurio, comeza a aventura final!

Maio trae flores e as flores traen o Maio,a celebración da primavera que nos vincula co máis atávico do noso ser comunitario, e o Maio trae a Moura reclamando a Mercurio, e nós tratando de contentala cunha figura...e ven Moura ao cole, e deixa as súas pegadas negras de todos os anos, e deixa unha nota amorosa prometendo aventuras polo monte, comeza o final, e estamos preparadas para xogar con Moura, visitar o Coto Morgallón, os Muíños da Edreira, a Carballeira do Candón, o barrio do Mouro, o Coto de Altamira, na procura de

pistas, dun cacho de mapa que nos achegue ao seu tesouro, estamos emocionados pois xa sentimos a alegría e os nervios das aventuras que están por chegar, grazas Moura, tí deixas un recordo escolar precioso nos nosos corazóns











Ningún comentario:

Publicar un comentario