mércores, 26 de maio de 2021

as flores silvestres

As flores silvestres sedúcennos con esa feitura perfecta e fermosísma, arquitectura botánica eficaz e necesaria pra a vida, elas preguntan, profe,como se chamaesta flor,e a profe non sabe moitas, pero procura axuda e é cando chega Alejandra e acompáñanos á Fonte da Moura, e xa mesmo ao saír topamos a bolsa do pastor, pola costa arriba asoman o llantén, o pampullo e o dente de león, e na fonte a árnica promete a súa chegada sen demora, o xunco e o troque, pero todo o tempo miramos e míranos a ortiga morta, aut´ntico descubrimento para todas pola súa feitura fermosa e

as histórias máxicas que encerra, Porque Alejandra falanos dos nomes das prantas, dos seus usos culinarios, mediciñais, hortícolas, das historias e lendas que certas prantas inspiraron ás nosas ancestras, en definitiva, do poder da Natureza, e todo nunha atmosferá de relaxación, respecto e veneración polo medio naturall,sen palabras aprendemos que as plantas silvestres, sí, esas que ninguén sabe como se chaman, son necesarias para a nosa vida e nos agasallan beleza e saúde.







Ningún comentario:

Publicar un comentario