O ano pasado foi unha necesidade, desconfináronnos pero non reiniciaron as aulas, cómo é posible se as crianzas devecen por verse, e a profe por velas?, pois tirámonos ao monte. Co apoio e a confianza das familias disfrutamos varias semanas da escola do monte, foi todo un descubrimento. O que levaba anos rondándo a cabeza fíxose realidade empuxado pola pandemia. Este ano quería repetir, logo viñeron os medos, que isto da Montescola é moi canso, que este ano son máis, que é un grupo máis dificil ....os pretextos de sempre que nos atrapan na zona de confort.