luns, 21 de marzo de 2022

respectar os ritmos

Gustoume a foto porque reflexa ben aquilo que tanto se cacarea sobre respectar os ritmos. Estamos no tempode traballo en Taboexa, as 10 da mañá, son 20 minutos, o resto é xogar (mentres aprenden, me vexo forzada a aclarar).  Sí,respectar os ritmos é posible ademáis de necesario,en realidade é parte do respecto hacia eles como persoas.  Pedir a un meniño ou meniña un nivel académico que non posúe é unha canallada, pois o dano que lle podemos estar a facer non o imaxinamos. O importante é que todos transiten pola aprendizaxe ao seu ritmo e con paso firme. Non é imposible, non é unha utopía (e se o fora, benvida sexa, pois  marca o camiño anque nunca cheguemos) só hai que organziarse e sentar unhas sólidas bases. Unha delas é a autonomía, outra, a
comunicación. Ter a atención do meniño cando lle falas e que entenda a tarea, é fundamental. Se hai dúbidas, hai que acudir a unha tarea máis fácil, mañán é outro día, o curso escolar ten moitos días. E a vida escolar moitos anos, entón buscamos aprendizaxes sólidas e contextualizadas no disfrute e na utilidade. Eles confían en nos e se lles pedimos un esforzo están dispostos a realizalo pois saben que éste será pequeno, que será para o seu beneficio, e sobre todo, aprenderán que o esforzo se recompensa,alo menos coa sensación de competencia que tanto lles satisfai. Non é tan difícil.








Ningún comentario:

Publicar un comentario