luns, 21 de marzo de 2022

plastilina caseira

A mamá viu e aprendeu aos meniños a elaborar plastilina, o seu fillo xa sabía porque xa practicara en casa con ela. O obradoiro foi benanunciado pois, o meniño contaba na roda que facía plastilina en casa coa nai e pareceunos boa idea que todos puideran aprender. Foi un rato pequeno de tempo, foi en calma e en ambiente de concentración ,todos os que quixeron pasaron polo obradoiro e aprenderon a facer a plasti, aprenderon unha cousiña máis para o seu limitado pero enorme  currículum de competencias, e así, en contacto con aprendizaxes moi diversas, útiles para a vida, transitadas con alegría e calma, aprenderán as leis físicas que rexen o mundo e aprenderán a atopar a súa voación persoal. No entanto,seguimos disfrutando da experiencia escolar, combinando xogo e aprendizaxe, que en gran medida, son unha soa cousa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario