luns, 4 de abril de 2022

Chega a Primavera cargada de agasallos para nós.

Nós xa somos felices dende o Imbolc, alá a principios de febreiro, cando namoran os paxariños. Xa dende entón sentimos a mornura da Primavera que está a achegarse, tal que para o 21 de Marzo xa estourou en nós a alegría das flores e das herbas do monte.

A Fada da Primavera sae do seu acubillo invernal e nos convida a ir á Carballeira do Candón na procura dos carballos e aveleiras recén gromados. Alí, entre a silvardeira, as hedras e o musgo, nos observa a cabeza  abandoada da moneca, que nos dá medo e risa ao mesmo tempo. Alí rubimos o carballo deitado,  exploramos o regato Lodeiro e, en fin, pasamos un bó rato na fraga.

Tamén por estas datas visítanos Alejandra e nos acompaña a ver mirar coñecer e amar, as herbiñas do monte, as silvestres, as ventureiras, as herbas libres que nacen porque sí, porque queren e porque poden, e que teñen tanto que ofrecenos, só a cambio dunha mirada compasiva. Así aprendemos a ortiga morta, a lingua de ovella, o dente de león, a bolsa de pastor, a centaura,o troque, o gordolobo....son tantas herbas, tantas propiedades e tantas historias apaixoantes de meigas e bruxas,  que nunca seremos quen de coñecelas todas, eis o miragre da Natura

















Ningún comentario:

Publicar un comentario