luns, 4 de abril de 2022

O Mercurio de Taboexa, unha historia de 2.000 anos

Unha historia de 2.000 anos que no 1975 estreou un novo capítulo cando o pequeno Casimiro, de 11 anos, desenterrou aquela estatuiña metálica tan xeitosa.  Era un achado prehistórico e era moi valioso. O museo de Pontevedra andivo detrás del ata que o logrou. Casimiro quedou sen Mercurio pero os afortunados fomos nós porque podemos visitalo cando queiramos. A gran sorte foi que Casimiro acompañounos esta volta a visitar a Mercurio, a nosa misión era recuperalo para Moura, "dar o cambiazo", deixar a réplica e levar o auténtico, coma sempre, misión fallida,  pero igual voltamos ao cole contentas porque pasamos un día xenial. 

Casimiro e a súa familia acomàñáronnos ao Museo, creo que foi para él emocionante voltar  tantos anos despois en  tan especial compañía. Ali tamén coñecimos o Tesouro de Caldas e elaboramos as súas réplicas en gomaespuma. Mouri tamén regresou ao cole moi contenta, pois  fixo unha nova amiga, Trea, qué é a guía do Tesouro de Caldas (Qué pensará a Moura de Caldas de todos isto?).

E por se fora pouco rematamos a excursión no Parque dos Sentidos en Marín, un tobogán xigante, instrumentos singulares, esculturas en troncos...sensibilidade e imaxinación desbordante que convida ao san disfrute.

Eu tamén voltei moi contenta, a saída foi fenomenal, adultos e pequenos disfrutamos aprendimos e afianzamos vínculos entre nós  nós e tamén  co territorio, o patrimonio, a cultura e o coñecemento.

Grazas mil ao Museo de Pontevedra por tratarnos con tanto mimo. Poden estar seguros de que estamos deixando unha pegada educativa de caliade nestas crianzas. 

outras entradas con referencia a aventura de Mercurio no Museo

Por fin, Mercurio

Moura reclama a mercurio


 
   

o Mapa para chegar a Pontevedra


a visita de casimiro ao Cole

as letras







o tesouro de Caldas

1 comentario:

  1. Que bonito despois de tantos anos, que os pequenos poidan disfrutar de un bocadiño de historia xunto a Casimiro. Seguro q para el tamén foi un día moi especial. Parabens!!!

    ResponderEliminar