luns, 13 de maio de 2024
Pantallas e infancia
En Taboexa sentimos como mandato escolar abordar honesta e decididamente ás problemáticas sociais e en particular ás que afectan especialmente á infancia. O mal uso (demasiado extendido) das pantallas (móbiles, tablets, vidoxogos...) está a provocar serios problemas en todos os aspectos do desenvolvemento humano: emocional, cognosticivo e físico....na súa convivencia e na súa vida práctica. En consecuencia organizamos da man de Ecoloxistas en Acción e o seu programa Escuela Saludable, este faladoiro para éste mércores 15 de Maio, sodes benvidas todas as persoas que se acheguen! A solución non é fácil pero aprender e tomar conciencia sempre vai ser un paso necesario.
mércores, 1 de maio de 2024
chega a Primavera cargada de aventuras...
...as aventuras da a vida abríndose paso entre os últimos signos de frío invernal.
A sementeira: O pai de Seixo fainos un obradoiro con sementes variadas que nos teñen semanas observando como evoluciona na vida por entre a terra. A terra que sacamos do composteiro que se enche das sobras das nosas merendas: A monda de plátano que se convirte en terra por obra e gracia dos bichos bola: Maxia da boa.
Os xerminados: A nai de Rosalía fainos un obradoiro que nos regala o milagro da xerminación: Non é pouco, observar a maxia do que unha semente ten en potencia.
A carballeira do Candón: Unha alegre excursión para que a raíñá da Primavera visite á súa amiga do carballo, e para coller plantón de abeleiras.
un ano máis, O Museo de Pontevedra
A nosa misión é clara: recuperar o auténtico Mercurio que está exposto nas vitrinas da área de Prehistoria do Museo de Pontevedra. Entendemos que ten que ser así, pois unha peza tan valiosa debe de estar custodiada en condicións e exposta para o disfrute de todas as persoas. Pero Moura non entende das razóns humanas e reclama a figuriña que a acompañou no Castro de Altamira, durante miles de anos, qué sabrá esta xente moderna do que é coidar do noso Patrimonio....
E así con esa retórica emprendimos un ano máis o noso periplo, que coma sempre, foi felizmente
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)