mércores, 1 de maio de 2024

chega a Primavera cargada de aventuras...

...as aventuras da a vida abríndose paso entre os últimos signos de frío invernal.

A sementeira: O pai de Seixo fainos un obradoiro con sementes variadas que nos teñen semanas observando como evoluciona na vida por entre a terra. A terra que sacamos do composteiro que se enche das sobras das nosas merendas: A monda de plátano que se convirte en terra por obra e gracia dos bichos bola: Maxia da boa.

Os xerminados: A nai de Rosalía fainos un obradoiro que nos regala o milagro da xerminación: Non é pouco, observar a maxia do que unha semente ten en potencia.

A carballeira do Candón: Unha alegre excursión para que a raíñá da Primavera visite á súa amiga do carballo, e para coller plantón de abeleiras.

As Trampas para velutinas. Non sabemos ata qué punto somos útiles ás abellas necesarias para a vida e actualmente en perigo, coas nosas trampas caseiras, pero por intentalo non queda, o papá de Seixo axúdanos a facer as trampas e así repartímolas por toda a contorna, que tremasn as velutinas!

A observaión das prantas do xardín. Casda día diferentes, cada día ofrecéndonos un novo espectáculo: unha flor, un tono mais bermello nas cereixas, gromos verdes nas abeleiras, as flores da maracuyá, que son un espectáculo elas soas, os morotes que asoman rente o chan...Admiración e respecto por tanta marabilla.

As flores silvestres: Alejandra acompáñanos un día e con ela fixamos os coñecementos prendidos ao longo de todo ano en base á observación sistemática das prantas que nacen ao noso redor porqué? porque sí, porque a semente caeu nunha terra boa, e tivo calor e humidade xustos, son as plantas silvestres.

Entón a primavera chegou para mostrarnos a maxia da ciencia estudiando a vida.














Ningún comentario:

Publicar un comentario