A nosa misión é clara: recuperar o auténtico Mercurio que está exposto nas vitrinas da área de Prehistoria do Museo de Pontevedra. Entendemos que ten que ser así, pois unha peza tan valiosa debe de estar custodiada en condicións e exposta para o disfrute de todas as persoas. Pero Moura non entende das razóns humanas e reclama a figuriña que a acompañou no Castro de Altamira, durante miles de anos, qué sabrá esta xente moderna do que é coidar do noso Patrimonio....
E así con esa retórica emprendimos un ano máis o noso periplo, que coma sempre, foi felizmente
frustrado, máis polo camiño disfrutamos da visita ao Museo da man de Sabela, que nos levou polas súas salas cun dinamismo e empatía que se agradece moito cando de crianzas tan pequenas se trata. Agradécese tamén que a Diputación de Pontevedra colabora económicamente subvencionando o gasto do bus. Máis facilidades non podemos ter!E para rematar, disfrutamos tamén do Parque Arqueolóxico de Campolameiro, dos petróglifos de cervos (os nosos son de cabalos) a aldea castrexa e...o melllor do mundo: O labirinto!
En resumo, coñecemento e disfrute da man. Diso se trata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario