xoves, 26 de xuño de 2025

Escola da Rata

Eu sempre quixen traballar nunha Unitaria, non sei 
se polo romanticismo dos tempos antiguos (vistos dende o benestar de hoxendía),  máis embebidos de humanidade (presuntamente) e relacións cercanas ou porque sabía que precisaba bastante autonomía para desenvovler a escola que eu soñaba. Sexa como for  no ano 2014 cheguei a Taboexa chea de ilusión e topei aquí, moitas alfaias, a primeria, a lenda da Moura que me levou da man todos estes anos por máxicos camiños , e despois, unha manchea de familias que ampararon decididamente a miña proposta pedagóxica. Da man  dunha desas familias chegou esta foto que sempre atesourei como se ela albergara os segredos que esconden as paredes que hoxe habitamos. Foi Sandra Davila a que me achegou a foto e a ela pedinlle que me falara un pouquiño da historia da escola de Taboexa, a Escola da Rata. A Rata era o barrio onde está a escola, pero outro barrio maior, As Barreiras, fagocitouno e del só queda o nome da Escola. Velaiquí o seu relato e tamén o meu agradecemento.



O ensino en Taboexa comeza no ano 1755 cando o Sr. Domingo Gonzalez Alonso De Castro,  natural desta parroquia, doa todos os seus bens e depositos bancarios para a creación e mantemento da Fundación Escola da Baldeira, pois anceiaba que os nenos e nenas de esa época tiveran a oportunidade de ir a escola. (información extraída do Blog de Alejandro Manuel Miguez Alvarezen Taboexa as pedras falan). 

                                                             Escola da Baldeira

Trás moitos anos de ensino, en 1904 a parroquia de Rubios se desanexa de Taboexa deixando a escola da Baldeira nun lado da parroquia.


En 1909 o concello das Neves reedifica por completo a escola da Baldeira. Anos despois se constrúe outra escola que quedara máis céntrica en Taboexa, no barrio da Rata: A Escola da Rata

                                                                         1ª Escola da Rata

Recorda a Sra. Emérita Eiró González nacida en 1926 que foi alumna da primeira Rata, que a mestra, ao estar maior,  tiña dificultade para vir camiñando todos os días dende Meder a Taboexa e mandou no seu lugar a súa filla que pasou a ser a nova mestra da Rata, e cando ésta non podía vir, viña a súa irmá. Naquela Escola convivían nenas e nenos de distintas idades, aínda hoxe algúns deles con máis de 90 anos lémbranse de ir a escola antes de tempo pois a mestra decíalles os seus pais que podían deixar os máis pequeniños alí aínda que non estaban en idade escolar e deste xeito marchaban máis tranquilos a traballar nas leiras, porque non deixaban os pequenos sós nas casas e quedaban sentados alí nun banquiño o lado da mestra.

O Sr. José Alfonso Boullosa que vivía na Carrasqueira no barrio do Casal na casa dos Pelicas, dalles clases na súa casa os nenos daquela zona. Nese tempo entón,  Taboexa ten tres centros escolares, a Baldeira a Rata e a Carrasqueira.

Casa dos Pelicas "Escola da Carrasqueira"

Cando solicitan o traslado da escola da Baldeira para unha zona máis céntrica da parroquia, xera tal conflicto entre os veciños que o asunto se leva a pleito, ten que decidir o Ministerio de Instrucción Pública de Bellas Artes Madrid, no cal resolve no ano 1917 que prohibe o traslado da Baldeira e queda polo tanto Taboexa dividida en dous distritos escolares:
*Parte sur a Escola da Baldeira
*Parte norte a Escola da Rata
E exixe que ten que crearse outra escola máis en a Rata.

ANOS 50 60...
Construironse as vivendas para os mestres o lado da 1ª escola da Rata e posteriormente contrúen a escola de arriba con casa para mestres, algúns veciños de Taboexa doaron os terreos de xeito altruísta e tamén traballaron na súa construción.

                                                              Actual escola da Rata en construción


   Escola da Rata Vivendas dos mestres


Deste xeito pasouse de tres escolas mixtas en Taboexa a un ensino dividido por sexos e centralizado no barrio da Rata, na parte de abaixo dúas aulas para os nenos e arriba dúas aulas para as nenas.
En 1962 un decreto esixía que as distintas unitarias e graduadas se concentraran baixo un mesmo director, e máis tarde se inicia o proceso de concentración escolar en as Neves.
Co paso dos anos quedou só a escola de arriba que volveu a ser mixta onde había Educación Infantil e algúns cursos de Educación Primaria.
A día de hoxe tralo paso de moitas xeracións é un orgullo para os veciños de Taboexa seguir contando coa Escola da Rata unha das poucas unitarias que van quedando en Galicia.

o monte Sanomedio que na súa aba Sur alberga dende hai séculos as EScolas de Taboexa
A aba Sur do Monte Sanomedio alberga dende hai séculos as Escolas de Taboexa


Ningún comentario:

Publicar un comentario