Pero comecemos polo principio. Temos un mapa da Cova da Moura, alí están (presuntamente) o Tesouro, Mouri e a merenda prometida. Sabemos que a Raposa é crucial para topar o camiño certo. A Raposa é Raquel Queizás, contadora de historias de profesión e raposa como identidade sentida; ela leva xa uns anos acompañándonos coas súas historias de galiñas, ourizos, lobos, todos animais do monte amistosos cómplices das nosas andanzas.
Mina, a avoa de David (David xa non é alumno pero lembrámolo ben) ven
de visita, e tamén Marian e Angel de Casa Uma (aloxamento rural de Taboexa, vellos amigos tamén, enlace ao final do texto) e tráennos unha mensaxe da Raposa....as pegadas de Raposa por todo o cole tamén non fan desconfiar...Sí, hoxe é o día, hoxe seguro que ven a Raposa, e tanto que sí pois non son as 10 da mañá e xa asoman unhas orellas puntudas pola ventá...Sí!! é ela!!!! todos van ao seu encontro con algazara....bueno os máis pequeniños non entenden moi ben o que pasa (os outros saben que Raquel é a Raposa e a Raposa é Raquel e non ven niso ningún problema) pero únense á diversión de contado!
Collemos o mapa, o corno os prismáticos e dispómonos a arrancar o noso periplo, a aventura final!, hoxe sí que é o día! Hoxe sí que temos unha misión!
E percorrendo de novo o monte cos seus lugares sinalados, entre conto e conto, finalmente chegamos á Cova da Moura, e, efectivamente alí estaban Mouri, a merenda, o Teosuro e as chaves do futuro e as cartas para os maiores. Non hai palabras para describir a emoción deses momentos.
E outra vez a merendar e a xogar e voltar ás nosas vidas xa con Mouri recuperada, que xeitosa co seu vestido de festa!, qué contenta se puxo ao vernos! Como nos enredou facéndonos buscar as pistas durante unha semana por todo o monte Sanomedio! que pillabana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario