memoria 22/23

 


Memoria de actividades EEI Taboexa 2022-2023

 

Este documento rexistra as actividades realizadas na Escola Infantil de Taboexa durante o curso 2022/2023, as deficiencias e fortalezas atopadas, e a sùa adecuación à Programaciòn  Xeral Anual, PXA,  deseñada ao inicio do mesmo pola responsable do Centro,  aprobada polo Consello Escolar e comunicada à Inspecciòn Educativa.

En términos xerais, o tempo escolar articúlase en torno a unha sucesión de actividades (tempos espazos e agrupamentos) que se repiten diariamente con algunhas excepcións semanais. Isto favorece a cohesión e a compenetración do grupo coa profesora, a medida que o control do grupo vai sendo acadado, andando o curso escolar,  reláxase a parrilla de rutinas, realízándose  actividades diferentes  non sometidas ás mesmas estruturas e que se relatarán individualmente.

Actividades realizadas (Rutinas e actividades especiais)

Coordinación con outras entidades

Relaciòn coas familias

Relaciòn coa Administraciòn Municipal

Dificultades atopadas

Adecuaciòn à PXA

Propostas de mellora

Memoria da área de Inglés

 

Actividades realizadas

Rutinas diarias

  9.15   Asemblea (gran grupo)

10.00   Alumnado novo: entrada.

Para o grupo máis avanzado: Traballo académico individual ou en parellas .

Para o resto do grupo: tempo de actividade libre, semidirixida ou asistida nos recunchos da aula en grupos pequenos

11.00   Almorzo e tempo de xogo libre no patio (sala anexa en caso de choiva)

13.00   Conto ou cancións ou actividades de gran grupo e despedida

 

Outras actividades de menor frecuencia

Saídas ao Monte: Os xoves ás 11.15 subimos á Fonte da Moura(1) ata o final da xornada na compaña dunha mamá. Alí almorzan as crianzas e realizan actividade libre na natureza (observación de prantas e animais, xogo libre ou semidirixido, pequenas construccións, descanso…)

Obradoiros. Aolongo do ano un adulto amigo (maiormente un pai ou nai) realiza un obradoiro. Este curso foron: Bolitas de cereais, centros de nadal, chaveiros, galletas, sementeira, trampas para velutinas, plastilina caseira…

Aniversarios: celebramos os aniversarios co rito das Voltas ao sol.

Pic-nic coas familias. Ao final de cada trimestre xantamos xuntas na Escola.

Actividades especiais

Setembro

1ª saída ao monte. Estrenamos a saídas indo ao Coto Morgallón na procura de Mouri, (que non sabía que o curso xa comezara).

 

Novembro

Magosto

Visita ao faiado das curuxas

 

Decembro

Recibimos a visita da escola de Rubiós

Actuación do Mago marco para as familias

Elaboración e envío de postais de Aninovo para todas ascrianzas e os amigos /as da Escola.

Actividade  “Bois” a cargo de Createctura (Plan Proxecta)

 

Xaneiro

Visita do grupo Musical/Charanga “Os Imperiais de Taboexa”

Saída á Escola de Rubiós

 

Febreiro

Celebración do Día de Rosalía de Castro.

Visita da estudiante da EFA A Cancela nunha semana de observación

Entroido en As Neves coacomparsa do CEIP

 

Marzo

Saída á carballeira do Candón a saudar á Primavera

Obradoiro de sementes

Saída ao museo de Pontevedra

Actividade Revitaliza sonre a compostaxe

Visita do grupo de 1º da ESO do IES de As Nevesenmarcada no proxecto Mercurio (2)(ver PXA)

 

Abril

Celebración do Día do Libro en Coordinación co Centro Cultural.

Xornada de traballo Comunitario en coordinación coa Comunidade de Montes

Maio

Saída ao IES de As Neves e ao Centro de Día

Saída a Paraños (Ruta do Xabriña e Moer millo no muíño do río Xaabriña) e Maceira (sesión de cans de rescate en terra e no río)

Visita do Narrador Oral Anxo Moure

Saída á Casa de Turismo Rural, “Casa Uma” e acasa de Mina a avoa dun alumno

 

Xuño

Obradoiro de esencias e herbas silvestres a cargo de Faia Educación Ambiantal.

Saída ao Auditorio do Concello de As Neves pola actuación de Paco Nogueiras.

Búsqueda do Tesouro da Moura polo monte Sanomedio na procura do Tesouro da Moura, Mouri e agasallos para as crianzas que pasan a primaria, como un rito de paso.

 

Coordinación con outras entidades

Coordinación puntual co Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural.

Coordinación coa veciñanza

Coordinación co CEIP Marquesa do Pazo da Merce

Coordinación co IES de As Neves, Pazo da Mercé

 

Relaciòn coas familias

As familias participan na vida escolar, acompañando as saídas ao Monte, nos traballos de mellora das instalacións escolares e na toma de decisións sobre algunhas actividades. A coordinación para esta participación faise a través das reunións trimestrais ou pequenos encontros á saida das aulas.

 

Relaciòn coa Administraciòn Municipal

O  Concello está presente na vida escolar, en especial acometendo obras de mantemento e mellora das instalacións, este curso pintouse a sala anexa.

 

Dificultades atopadas

As principais dificultades radican na falta de apoio profasional de responsable do Centro, a crecente presión da tarea burocrática e o aumento da matrícula fan que cada vez sexa máis dificil ofrecer un asistencia de calidade ao alumnado. Por outra banda a cuestión dasustitución das faltas doprofesorado nonestá resolta creando incomodidade na responsable de centro e tensións co Centro adscrito.

Canto a recursos o centro leva máis de un ano reclamando a dotación dunha fotocopiadora sen éxito.

Adecuaciòn à PXA

En términos xerais, as actividades responderon ao planificado. Agás no tocante  á visita ao helicóptero que non se realizou pois o periodo de adaptación foi difícil e non había condicións para unha actividade complementaria. Tampouco serealizaron actividades do Proxecto “O Monte nace na Escola”.

Propostas de mellora

Compriría, en favor da integración real da escola na Comunidade, seguir traballando a coordinación e encontros, tanto con outros centros educativos (Escola de Rubiós, CEIP, IES,), como con outras entidades (Centro de Día, Empresas, Guardería, Asociacións…). 

A dotación dunha profesora de apio para cubrir as faltas é unha necesidade urxente e importante,  que debía ser resolta con dilixencia, pois  a responsable do Centro ve conculcados os seus dereitos laboraris ao non existir esta figura.

 

En Taboexa, a 28 de Xuño de 2023

Karina Mouriño,  Responsable da Escola

 

 

 

 

 

 

 

 

(1)    Fonte da Moura: Chamamos así ao espazo: Fonte da Cabreira, que consiste nunha propiedade Comunal que ten unhafonte e unhas pozas de regadío. Dista 10 m. andadno dende o Centro e está en proceso de adecuación para o lecer dende o ano 2015 por iniciativa da EEI Taboexa

(2)    Proxecto Mercurio, exposición itinerante: O Mercurio é unha peza prehistórica achada no Castro de Altamira (Taboexa) e en exposición no Museo de Pontevedra. No ano 2021 o Museo facilitou unha réplica á Escola, que ésta ofrece a outras entidades dentro dun pack de propostas que inclúen elaboración de novas copias do Mercurio, actividades de lectoescrita, unha visita guiada(n colaboración co centro cultural) aos petróglilfos de A Coutada ou ao castro de Altamira, etc…

 

 

 

 

 

MEMORIA FINAL  inglés DO CURSO 2022 – 2023      NIVEL: Educación Infantil.

ESPECIALISTA: Mª de los Ángeles Rodríguez Bermúdez (inglés).

 

1. CUMPLIMENTO DOS OBXECTIVOS ESTABLECIDOS NA PROGRAMACIÓN

4º INF.  O grupo en xeral acada os obxectivos propostos.

5º INF.  O grupo en xeral acada os obxectivos propostos.

6º INF.  O grupo en xeral acada os obxectivos propostos.

 

2. CAMBIOS/MODIFICACIÓNS NA PROGRAMACIÓN

Cambios nos obxectivos              Cambios na metodoloxía

Non houbo cambios nos obxectivos.     A metodoloxía foise axustando aos distintos grupos.

En educación infantil, o feito de ter un único grupo mixto, fixo que se descartase a opción dun libro de texto, e que se traballara con todo o alumnado a un tempo.

 

3. ANÁLISE DOS RESULTADOS ACADÉMICOS

4º INF   O alumnado mostra un interese moderado pola lingua inglesa.

Utilizan os saúdos básicos (hello, bye bye), entenden instrucións básicas (sit down, stand up...), e recoñecen, pero non producen, un vocabulario básico: cores do arco da vella, mascotas, o tempo, material da aula…

5º INF   O alumnado, na súa maioría mostra un interese pola lingua inglesa.

Utilizan os saúdos básicos (hello, bye bye), entenden instrucións básicas (sit down, stand up, come here, stop, let’s go…), e recoñecen vocabulario básico: cores do arco da vella, mascotas, animais de granxa, o tempo, as estacións, o material da aula… Algúns reproducen parte deste vocabulario.

6º INF   O alumnado, na súa maioría mostra un interese pola lingua inglesa.

Utilizan os saúdos básicos (hello, bye bye), entenden instrucións básicas (sit down, stand up, come here, stop, colour, bring me, let’s go…), responden en L1 a preguntas sinxelas e repetitivas (What colour is it?,What’s this?, How’s the weather?) e recoñecen vocabulario básico: cores, mascotas, animais de granxa, o tempo, as estacións, o día da semana que hai inglés, o material da aula…

Algúns utilizan este vocabulario para responder ás preguntas, establecendo así unha comunicación moi básica na lingua estranxeira.

 

5. PROPOSTAS DE MELLORA

4º INF   5º INF  6º INF Se a organización horaria do centro o permite, sería recomendable ter dúas medias sesións en vez dunha. Isto permitirá ao alumnado estar exposto á lingua inglesa dúas veces a semana, e a sesión máis curta mellorará a súa concentración e motivación.

A presenza dun auxiliar de conversa sería un engadido moi positivo.

               

As Neves,21 de xuño de 2023

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario