PXA 2023/2024

 

Programacion Xeral Anual

EEI Taboexa, curso 2023/2024

responsable:  Karina Mouriño Espiñeira

 

Presentación

Consello Escolar                                                                                                  

Obxectivos

Principios metodolòxicos e estratexias didàcticas

            Competencias básicas

Atencion à diversidade.  Alumnado  con NEAE

Temas transversais e valores

O espazo e os materiais

Agrupamentos

Relaciòn comunidade-familia-escola

Período de adaptación

Cadro de organización docente

Contidos

Actividades

Temporalizaciòn

            Xornada escolar e horario

Avaliaciòn

Recursos

Avaliaciòn da programaciòn     

 

ANEXOS                                                                                      

1.      As rutinas de aula                                                                

2.      Os espazos                                                                            

3.      Plan de Igualdade                                                                

4.      Plan de Convivencia                                                             

5.      Addenda ao proxecto lingüístico                                         

6.      Boletín de avaliación                                                           

 

                                                    Presentación

Esta programación expón a planificaciòn  da actuaciòn educativa da EEI Taboexa para o curso 2022/2023 integrando:

  • As disposicións legais que sobre materia educativa establecen as Administracións Pùblicas

Decreto 374/1996  (regulamento orgánico),

Orde do 22 de xullo de 1997 (concrecion do anterior),

Decreto 150/2022, de 8 de septiembre, por el que se establece la ordenación y el currículo de la educación infantil en la Comunidad Autónoma de Galicia

Decreto 79/2010 (plurilinguismo),

Orde do 5 maio 1993 (avaliaciòn)

Decreto 8/2015 de convivencia

  • As caracterìsticas do grupo e a sùa contorna

8 alumnos/as : 2 nenas e 6 nenos de 3, 4 e 5 anos, residentes maioritariamente en zona rural de entorno socioeconòmico medio baixo e lingua ambiental o galego.

  • A  particular forma de entender a actuaciòn escolar por parte da responsable:

A escolarizaciòn na etapa infantil é a oportuna resposta do Estado perante a necesidade da sociedade de conciliar o tempo laboral co tempo familiar,  que, de paso, cubre as posibles necesidades de socialización entre iguais das crianzas preescolares.. Na escola infantil dispomos as condiciòns materiais e o apoio profesional para que a crianza medre nun ambiente seguro, amable e propiciatorio para o seu desenvolvemento integral como persoa e como cidadán/á, se familiarice coa vida escolar e desenvolva as aprendizaxes propias do seu momento evolutivo.

Cada momento, cada situación, cada interrelación e cada actividade está cargada de mensaxes e aprendizaxes  para as crianzas, por iso na EEI Taboexa considera que todo o que acontece na escola é un feito educativo, por tanto obxecto de reflexión análise e xustificación.

 

Esta programación é a concreción para este curso das ideas expostas no PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO, documento á disposición da Comunidade Educativa que establece a estratexia educativa do centro, conforme ás condicións físicas do mesmo, a súa inserción na comunidade e a filosofía pedagóxica da responsable. O último PEC aprobouse en reunión de Consello Escolar  en Outubro de 2021 e actualizarase cada 4 anos.

 

 

Consello Escolar

O Consello Escolar esta constituído, segundo a lexislación vixente pola presidenta do mesmo, a responsable do Centro , a representante do Concello de As Neves...................... eo representante das familias, Daniel Dominguez Gil.

O Consello Escolar reúnese 3 veces ao ano de xeito ordinario para aprobar (se cabe) esta PXA, as contas e a memoria do curso, respectivamente. Amáis reunirase tantas veces como sexa preciso tomar decisións importantes.

 

Obxectivos

·         Asegurar a integridade e seguridade fisica, psíquica e emocional do alumnado

·         Acompañar, dispor as condiciòns e ofrecer a axuda necesaria para o desenvolvemento das competencias bàsicas

·         Ofrecer modelos positivos ao alumnado ao respecto de cuestiòns éticas, de saùde, coidado persoal, relaciòn cos demais, coidado do medio, non violencia, igualdade de xènero, etc...

 

No marco da lexislaciòn vixente e no estrito respecto ao momento evolutivo do alumnado, concrètanse aquì as ideas que dirixiràn a pràctica educativa :

·           Desenvolver autonomìa nas actividades habituais

·         Avanzar na seguridade afectiva e emocional e na autoconfianza. O autocoñecmento  e a autoaceptaciòn como base para o desenvolvemento saudable da persoa.

·         Desenvolver actitudes de respecto por un propio, polos demais, e por todos os seres vivos, adquirindo destrezas que lle permitan incorporarse ao mundo natural e social no que viven como cidadanìa activa e responsable aprendendo a resolver conflitos asertivamente.  .

·         Desenvolver estratexias de resoluciòn de problemas adquirindo hàbitos de esforzo e perseverancia,

·         Utilizar a linguaxe verbal de forma axustada a diferentes situaciòns de comunicaciòn para comprender e ser comprendidos/as nun tono de respecto e coidado.

·         Familiarizarse coa linguaxe escrita e cos códigos da lóxica matemática, así como nas técnicas de tratamento da información

·         Familiarizarse coas rutinas e actividades escolares preparando actitudes e aptitudes cara a etapa escolar propiamente dita.

·         Avanzar nas capacidades intelectuais de conceptualizaciòn e razoamento na bùsqueda do posicionamento responsable ante situaciòns reais, impulsando o nacemento da emancipación persoal.

·         Control do corpo, os seus movementos e o seu coidado .

·         Enriquecer e diversificar as súas posibilidades expresivas mediante a utilización dos recursos da contorna, así como aprezar diferentes manifestacións artísticas propias da súa idade   

·         Desenvolver unha actitude de aprecio e identificación cara as manifestaciòns culturais e artìsticas propias e alleas.

·         Preservar as actitudes de curiosidade e respecto pola contorna natural e social

 

 

 

Estratexias didàcticas e ppios metodolòxicos

O desenvolvemento e a aprendizaxe humanos son basicamente parte dunha actividade constructiva persoal que a profesora acompaña,orienta e impulsa baseándose en:

Principio de consistencia evolutiva. O que unha persoa é quen de facer e aprender nun momento determinado depende do seu nivel de desenvolvemento e do conxunto de ideas  e representacións previas: coñecementos, actitudes, expectativas e motivacións que construíu nas súas experiencias.

Principio de actividade autoestruturante. A través da actividade (necesidade natural do neno) o movemento e o xogo experimentan, exploran e descobren propiedades, relacións...constrúen os seus esquemas de coñecemento e  estimulan a creatividade .

Aprendizaxe significativa. Un aspecto da realidade que ata o momento non percibiramos, comeza a cobrar sentido a partir das relacións que, motivados, somos capaces de establecer co que xa sabemos, é dicir, cos esquemas de coñecemento cos que xa contamos.

 

A concepción construtivista, aplicada á Etapa Infantil, e en función do modelo social que se pretende propiciar, conleva implicacións prácticas:

Globalización. Os nenos/as pequenos/as perciben, pensan e actúan de forma integral, por iso unha metodoloxía globalizadora  facilitará aprendizaxes significativas. Así se concretará esta programación: ao redor dun centro de interese motivador (Proxecto de Traballo),  dunha incidencia inesperada, ou calquera asunto que sexa do interés do grupo, integrándose as diferentes actividades de  ensino/aprendizaxe interconectadas.

Principio de individualización. O tratamento educativo da diversidade rexeita un método único para todos, porque a verdadeira individualización consiste en adaptar os métodos de ensino e o tipo de axuda pedagóxica ás características do neno/a e ás súas necesidades, ao seu momento evolutivo, intereses e estilo de aprendizaxe. Incidindo na autonomía das crianzas e cunha boa programación, nun grupo pequeno é perfectamente factible.

Principio de afectividade e socialización. Preténdese potenciar no neno/a desenvolvemento dunha afectividade sa e positiva que o leve a aceptarse e valorarse a el mesmo e propicie relacións sociais de empatía e colaboración. 

Aprender a pensar e Aprender a aprender na busca da autonomía. O alumno/a desenvolverá habilidades de pensamento que o leven a buscar e construír o seu propio coñecemento. A partir da orientación do mestre/e e interrelación cos compañeiros/as, o alumno/a dispón as condicións para que, cando o seu momento evolutivo o permita, será quen de rexerse polos seus propios criterios.

En busca dunha sociedade democrática. Os alumnos de E. Infantil de hoxe serán os cidadáns e cidadás de mañá, e toparanse cunha contemporaneidade que, se cadra, nos é difícil prever, por iso é importante que adquiran espírito crítico para facer unha análise permanente do que sucede e valorar posibles respostas. Non se pode agardar á  “maioría de idade”; desde ben cedo débese colaborar no desenvolvemento dunha sociedade democrática creando ambientes abertos á discusión e á diversidade, e propiciando prácticas que privilexien o exercicio da convivencia. As normas e límites definidos, comprendidos e aceptados entre todos/as e as habilidades sociais axudarannos neste cometido.

Valoración do esforzo e o autocontrol. Nun contexto social onde a comodidade, o pracer,a satisfacción inmediata de desexos e a facilidade imperan na nosa sociedade, a valoración do esforzo e o autocontrol en función dunha meta será un obxectivo a traballar co alumnado.

Apego e valoración da cultura galega.  Valorar a as nosas características identitarias favorecerá que apreciemos e respectemos as outras culturas e aceptemos a multiculturalidade en que, cada vez máis, estamos inmersos. Isto axudarános a medrar como colectivo e como individuos.

 

Os ùltimos estudios cientìficos relacionados co mundo educativo coordinan a visiòn da psicoloxìa (estudio da conduta humana e o seu sustrato biolòxico) a pedagoxìa (o estudio dos procesos de ensino-aprendizaxe) e a neurociencia (o estudio do cerebro e o seu funcionamento propiciado polo avance nas tècnicas de imaxe da actividade cerebral) e danse en denominar neuroeducaciòn.  A neuroeducaciòn mòstranos que para darse o proceso de aprendizaxe ten que existir unha estrutura fisiolòxica competente , unha disposiciòn emocional positiva e un mètodo eficaz que atenda aos dous requisitos anteriores.

A estrutura fisiolòxica ven marcada, non solo pola idade senòn tamèn polo ritmo de maduraciòn de cada persoa, è por iso que a agrupaciòn en plurigrado è un valioso recurso que nos permite flexibilizar a actuaciòn educativa e que todo o alumnado se sinta incluido sen ser estigmatizado por razòn da sùa idade. É fundamental, sobre todo na primeira etapa da escolarizaciòn, respectar os ritmos madurativos de cada alumno/a e asì aproveitar todo o potencial de aprendizaxe sen menoscabar a motivaciòn, o tesòn, a confianza e a autoestima.

A motivaciòn na etapa infantil està disponible, o alumnado de infantil mostra de forma patente interès por aprender todo ao seu redor. Basta unha mìnima sensibilidade e observaciòn para captar o seu interès.

Cun mètodo que respecte o momento evolutivo da crainza e estea baseado na observaciòn da forma en que os nenos e nenas aprenden, seremos quen de axudar ao desenvolvemento de todos as estruturas fisiolòxicas  que interveñen nos procesos de aprendizaxe

           

Competencias bàsicas

Competencia é a capacidade dunha persoa de desenvolver habilidades en contextos e situacións cotiás, nas que son precisos coñecementos vinculados a diferentes saberes, e por tanto transversais. Ser competente implica comprender as situacións, reflexionar sobre o que está a pasar, discernir sobre a mellor acción a desenvolver de acordo coa dimensión social de cada situación e executar físicamente a resposta.

O termo competencia inclúe tanto os saberes (coñecementos teóricos) como as habilidades (coñecementos prácticos ou aplicativos) e as actitudes (compromisos persoais). O termo vai máis alá do saber e do saber facer, porque inclúe tamén o saber ser ou estar e o saber aprender. Trátase de aprender a ser e actuar de modo autónomo, aprender a pensar e comunicar, aprender a descubrir e ter iniciativa e aprender a convivir e habitar no mundo.

O currículo  establece as competencias consideradas básicas para toda persoa que remata a educación primaria :

a) Competencia en comunicación lingüística (CCL).

b) Competencia plurilingüe (CP).

c) Competencia matemática y competencia en ciencia, tecnología e ingeniería (STEM).

d) Competencia digital (CD).

e) Competencia personal, social y de aprender a aprender (CPSAA).

f) Competencia ciudadana (CC).

g) Competencia emprendedora (CE).

h) Competencia en conciencia y expresión culturales (CCEC).

Para promover as competencias básicas  non só se considera importante o traballo na aula, senón que tamén se ten moi en conta as relacións persoais que se establecen, a propia comunicación entre todos os membros da comunidade educativa e a relación coa contorna. Todo xunto, co día a día nos Centro, contribúe a que o alumnado poida adquirir as denominadas competencias básicas.

 

Atenciòn à diversidade.

Este cursonon  hai ningún alumno matriculado con NEAE, non obstante, a responsable do Centro è consciente de que cada individuo ten a sùa particular circunstancia vital, a sùa forma de aprender e vivir a actividade escolar, o seu ritmo, etc. E, dado que o grupo è pequeno, terà a oportunidade de responder individualmente a esa diversidade adaptando tempos, agrupamentos, actividades e incluso estilo de trato ás caracterìsticas e momentos determinados.

Tamén atendemos á diversidade ofrecendo, nos nososmateriais didácticos, contos, etc, e nas nosas accións e verbalizacións modelos de respecto e de visibilización dadiversidade.

 

Temas transversais e valores

A educación moral e cívica, ambiental, sexual, vial, para a paz, para o consumo, para a igualdade de oportunidades, para o coidado do medio ambiente e para a saúde atravesan a totalidade da práctica docente a través das actividades e experiencias que realizan os nenos e nenas no seu traballo cotiá na aula e as interrelacións entre todas as persoas implicadas no proceso educativo.

Os contidos integrados nestes temas: forman parte das actividades expostas en todas as áreas e, sobre todo da actitude do docente na súa práctica diaria, que ofrecerá modelos de identificación coherentes que facilitarán a interiorización das actitudes referidas. Trátase de estar atento/a aos contidos implícitos das nosas mensaxes, materiais, accións, etc, como se expón na presentación deste documento.  Todo momento é educativo e está cheo de mensaxes implícitas pode que non intencionadas, pero que adoitan estar no eido dos temas transversais,e son  de central importancia para esta Escola.

 

O espazo

No edificio escolar temos a aula principal, o vestíbulo, os baños e a aula anexa. Fora doedificio está o patio, e maís aló está toda a contorna próxima, nomeadamente A Fonte da Moura.

A aula principal (70m2) está organizada en recunchos.  Son subespazos delimitados fisicamente, deseñados e equipados para desenvolver un tipo de actividade.(ver anexos)

·         A roda,  para as asembleas e algunhas actividades de psicomotricidade, construciòns e xogos regrados. Para actividades de gran grupo

·         A mesa grande, crebacabezas e xogos de lectoescrita e lòxica-matemàtica

·         A mesa pequena. Xogos de mesa (oca dominó...), maquillaxe

·         A mesa dos libros especiais. Libros de gran formto ou que requiren especial coidado

·         Contos. Lectura-visionado de libros,

·         Pintura. Para actividades de pintura, modelado, e plàstica en xeral

·         A casiña. Para xogo simbólico

  • Sala oscura. Mesa de luz, lanternas e retroproxector

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


O traballo por recunchos permite variedade de actividades e agrupamentos e proporciona o mellor marco para a aprendizaxe significativa. Ao ofreceren diferentes opcións aténdese á diversidade (permite atopar o nivel máis adecuado a cada madurez, ritmo, afinidades persoais, materiais, xogos favoritos..); favorece a atención individualizada, a incorporación de hábitos de orde e respecto ás normas facilitando unha adecuada socialización, propicia a experimentación, exploración e descubrimento, e polo tanto,  a creatividade,  a concentración e  a autonomía e maduración, fins últimos da nosa tarefa....

Ambientación de aula: A beleza, a limpeza e a orde son criterios importantes, nun ambiente agradable, ordenado e co material ao alcance do alumnado poderanse desenvolver os obxectivos de autonomìa respecto, harmonìa antes enumerados.

O Centro dispón tamén dunha aula anexa de 90 m2 habilitada como sala de psimotricidade e gran movemento, tamén dispoñen de disfraces, contos, crebacabezas e xogos de construción.

Pero o espazo eduativo non se circunscribe só á aula . O patio  escolar é un espazo eminentemente educativo onde as crianzas toparán multiples recursos e desafíos para as súas actividades autoestruturantes, determinadas pola posibilidade do gran movemento e expansión.

E por suposto toda a Contorna Natural é Social é considerada espazo e oportunidade eduactiva, e, polo tanto serán comúns as actividades planificadas fora do Centro. En particular, a área chamada por nós, a Fonte da Moura, espazo natural na contorna do cole, é un lugar moi querido por todos, pois a Moura de Taboexa (ver PEC) elíxeo para intercambiar co grupo mensaxes e agasallos. As suficientemente avaladas recomendacións pedagóxicas sobre os beneficios da natureza e o aire libre, foron, a partir da pandemia COViD, refrendadas coas recomendacións sanitarias sobre o ar libre para evitar a propagación da pandemia, de xeito que impulsaremos aínda máis as visitas alí.

 

Agrupamentos

As actividades e os espacios escolares están deseñadas para ser desenvolvidas en diferentes tipos de agrupamentos:

Gran grupo: Asemblea, murais, obradoiros, dramatizacións, xogos psicomotores           colectivos na aula e no patio, cancións, bailes, contos, habilidades sociais, linguaxe oral...                 

Pequeno grupo/parellas . Nos recunchos, no patio, xogos de mesa, xogos espontáneos...

Individual. Tarefas concretas propostas e supervisadas individualmente. Momentos de introspección libremente elixidos polas crianzas.

Observarase cómo se agrupan os alumnos/as espontaneamente, e tratarase de que participen oportunamente dos diferentes agrupamentos e  se relacionen con tódos os compañeiros/as.

 

Relaciòn Comunidade -Familias- Escola.

As relaciòns Escola-Comunidade son fundamentais . O Centro pretende ser un núcleo dinamizador social integrado na vida comunitaria e asì tratarà de coordinarse co resto dos axentes sociais (Concello, Asociaciòns, empresas, outros centros educativos...). Trataremos este ano de recuperar o dinamismo propio do Centro en cuanto á relación con outras entidades e coa comunidade en xeral:O Centro de Interpretaciòn do Patrimonio de Taboexa, A Casa de Turismo Rural Casa Uma, o Concello de As Neves, a EEI Rubiòs, a Charanga de Taboexa, o Centro de Dìa para Persoas Maiores o IES de Tortoreos...

Especialmente precisamos do apoio das familias para que o Proxecto Educativo sexa exitoso nestas idades temperàs. A escola è unha continuidade da vida familiar e participa das sùas liñas de crianza, os adultos de confianza (pais/nais  e profesorado) guìan ao neno/a pequeno/a a traves do mundo,e asì èste sìntese seguro e querido, condiciòns necesarias para a realizaciòn das sùas potencialidades. Familia e escola da man, valorando ao neno/a, o seu entrono inmediato e a contorna xeral proveeràn a éste das ferramentas para deselvolverse con soltura.

Dende o Centro tratarase de integrar às familias no proceso educativo, convidándoas a visitar a aula, organizar actividades e aportar elementos que serviràn para os exercicios escolares, asimesmo o grupo visitarà diferentes espazos interesantes da contorna contando, se è posible, coa colaboraciòn das familias.

A acción coordinada e coherente entre familia e escola determinará en boa parte os resultados do proceso educativo, por iso buscarase o intercambio constante de información, a confianza e valoración positiva mutua e a colaboración (con máis ou menos grao de implicación ou dedicación de tempo). Os contactos presencias coas familias serán

            Diarios. comentarios puntuais nas horas de levar e recoller ao neno/a   

            Periódicos. Para tratar, colectivamente, aspectos relativos a comportamentos, actitudes, evolución  do grupo ... Unha primeira reunión ao comezo de curso e máis unha reunión por trimestre.

Entrevsitas individuais  Ao principio da escolarizaciòn as familias son convocadas individualmente para intercambiar impresións sobre a etapa de adaptación do alumnado. A màis de ser convocados os pais/nais cando se detecta algùn trazo preocupante ou extraño na conduta ou rendemento dos alumnos/as, esta titora recomenda encarecidamente às familias solicitar 2 entrevistas individuais por curso.

Visitas  Recibiremos a cotìo visitas das mamás e papás na aula  para participar na rod ou dirixir un obradoiro.

            Festivos-saídas-proxectos  As familias participan na organización e desenvolvemento das saídas e os proxectos da aula.

Colaboración na mellora e mantemento do Centro. Trimestralmente convocamos ás familias para traballos de adecentamento e mellora das instalacións.

As familias tamén poden comunicarse coa responsable a través dos teléfonos do Centro e das contas de correo electrónico eei.taboexa@edu.xunta.gal e cole.taboexa@gmail.com

 

O periodo de adaptación

Se consideramos que unha persoa que chega a esta escola está iniciando unha etapa que terá unha gran trascendencia na súa vida e durará alo menos, 13 anos, molestarémonos en preparar o momento de entrada e integración na escola con sumo coidado, os cambios e os novos desafíos son moitos e moi grandes, ao mesmo tempo, o alumnado que xa ven do curso anterior tamén se enfronta a unha nova realidade despois do longo verán, uns e outros precisan unha gran atención. Para poder atender a todos/as da mellor maneira posible deseñamos o periodo de adaptación asi:

  • Os primeiros día de cole é só para o alumnado antiguo
  • Durante o mes de setembro realizaremos saídas. O alumnado novo que se vai incorporando pode participar destas saídas sempre que o fagan a cargo da nai/pai, etc.
  • Flexibiliación horaria. Consiste en 2 fases de 4 ou 5 días de duración cada unha. A partir do 3º día lectivo empeza a incorporarse individualmente o novo alumnado con 1 ou 2 días de separación entre cada un.

Na 1ª fase o neno/a entra as 12 da mañá ao patio, o grupo está xogando, a nai permanece un rato e despois marcha. No espazo exterior a familiarización co grupo é máis fácil. Aquí terá que acomodarse a novas persoas, a novos materiais que terá que coidar e compartir, a novos espacios cos seus riscos e posbilidades e a figura de autoridadee protección que é a mestra.Unha vez que o novo alumno/a acepta quedar só no cole e disfruta do mesmo pasamos á 2a fase.

Na segunda fase entra ás 10.00, o resto do grupo está dentro da aula nos recunchos de xogo e traballo, a mestra pode atender e acompañar individualmente. Aqui familiarizarase con outros materiais e organizacións moito máis numerosos e complexos e outros ritmos mais calmos.

  • A mestra e a familia consensúan cando normalizar completamente o horario. Pódese agardar tanto tempo coma sexa necesario. Ao alumnado de 4º curso se lle suxire que durante o primeiro trimestre entre ás 10 da mañá. 4 horas de cole son suficientes e a primeira hora é a máis esixente para eles.
  • As crianzas son informadas detalladamente do escenario que van topar no cole cada día e dos cambios de fase. Isto permitirá que o neno/a anticipe o contexto e saiba conducirse nel con mais competencia.
  • Consideramos todo o mes de setembro como período de adaptación no sentido de que as crianzas de continuación precisan, por unha banda recuperar a nova rutina de vida tras as vacacións, os novos horarios, compañías, normas, etc, e por outra banda, integrar a perda dos alumnos que marcharon e acoller ao novo nun exercicio de reestruturación do grupo.

 

A adaptación do novo alumnado pódese alongar máis aínda no tempo, a atención da mestra diríxese entón a este obxectivo. Durante varias semanas hai de parte da mestra e do grupo antiguo unha mirada amorosa e ao mesmo tempo firme sobre as novas crianzas que están facendo un gran esforzo de separación e de adaptación ao novo espacio, á profe, aos compañeiros, ás normas, ás rutinas, un gran paso cara a autonomía, un gran desafío para un ser pequeno. Será un delicado e dinámico equilibrio entre tratar de que se sinta a gusto e seguro, e ao mesmo tempo ir integrando á crianza na dinámica escolar, todo un desafío para todos.

É importante que se establezan bases firmes de confianza, respecto e comprensión da dinámica escolar, así deste xeito facilitarase a compenetración do grupo e coa mestra no futuro. Paga a pena deterse nun periodo de adaptación ben realizado.

O periodo de adaptaciòn tamèn se refire a cómo a mestra vai recibindo a confianza do novo alumnado, vai coñecendo as sùas particularidades persoais e os seus potencias no que atinxe à actividade escolar. Asì è que nos primeiro meses de curso imos achegàndonos como grupo e sentando as bases do ritmo colectivo do que faremos parte

 

 

Cadro de organización docente

Este curso 2023/2024 participarán na escola, a máis da titora Karina Mouriño, especialista en Educación Infantil, aespecialista en Audición e Linguaxe Patricia.................,a Orientdora do CEIP de As Neves.................... e a especialista de ingés María  Angeles Rodriguez Bermudez.

A profesora permanece todas as horas lectivas no centro e con función docente agás a sesión da especialista de inglés.

Contidos

Conceptuais

·         Eu. O meu corpo e as capacidades sensitivas e expresivas. As miñas emociòns

·         Os outros. Normas básicas de relación humana. Como nos tratamos. As familias

·         A saúde e o benestar. Normas básicas de seguridade e hixiene. Alimentaciòn saudabel

·         Nocións espazo-temporais

·         Contextos cotiás (casa, escola, aldea...) e os seus elementos: construcións obxectos, costumes, traballos de campo, manifestacións artísticas e culturais, deportes, persoas, alimentos...

·         A natureza, o mundo, o medio ambiente. Animais e plantas. O lixo. Os diferentes materiais.

·         Formas de expresión e representación: plástica, música, letras, números, medidas, gráficos, mapas...As letras, as palabras e as mensaxes

 

Procedimentais

·         Linguaxe oral, expresiòn e conciencia fonolòxica

·         O corpo en movemento, Psicomotricidade grosa

·         Exploración e observación

·         Investigación: adiviñar, averiguar, formular hipóteses, intentar, probar, imaxinar...

·         Conceptualización e análise: comparar, definir, agrupar, clasificar, seriar...

·         Razoar: Xustificar, inferir...

·         Aplicación e expresión: Explicar, interpretar, expresar a través das diferentes linguaxes, dramático, plástico, musical...

·         Manipulación física de obxectos e materiais. Psicomotricidade fina.

·         Habilidades sociais: pedir permiso, pedir desculpas, dar as grazas, pedir amablemente, eloxiar, disculpar, saber escoitar, sobrepoñerse ao fracaso...

·         Inventar, idear, crear...

·         Atención ás indicacións da mestra, planificación da tarefa e os materiais necesarios, postura correcta e correcto agarre do instrumento, e atención plena na mesma.

 

 Actitudinais

·         Respecto, valoración e atención por sí mesmo/a, polos demais e pola vida en xeral

·         Gusto por compartir e interrelacionarse

·         Valoración e respecto do medio natural

·         Gusto e respecto polas manifestacións culturais e artísticas

·         Gusto e respecto polas producións propias e alleas

·         Gusto por descubrir e aprender

·         Esforzo e perseverancia en funcion dunha meta a acadar

·         Tolerancia ao fracaso e resiliencia

·         Habilidades sociais.

 

 

Actividades

Na aula hai diversidade de propostas de actividade  (en cada espazo da aula) que o alumnado realizarà (en forma de gran grupo, pequeno ou individual) seguindo os seus impulsos e as propostas da mestra.

As relacionadas coas rutinas e coa loxistica escolar:

As chegadas e saídas: Poñere quitar a roupa, colocala no seu sitio, saudar, agardar polos compañeiros/as

A orde nos espazos escolares

            O tratamento do lixo

O almorzo, a hixiene e a alimantación

O coidado do xardín

O saber escoitar un conto e participar nel.

Tarefas do axudante (ver PEC)

 

Hai actividades autorreguladas ou semirreguladas:

Pezas soltas para construciòns e estruturas

Actividades de aproximaciòn à lectoescrita

Actividades de aproximaciòn à loxica-matemàtica.

Actividades de observaciòn e experimentaciòn

Xogo libre (en calma) na aula e xogo libre (con movemento) no patio

Xogo simbòlico

Xogos de mesa

Actividades de modelaxe

Actividades de debuxo, pintura e expresiòn plàstica

Xogos de montar e clasificar, ordenar, etc

Xogos coa luz

Visionado de libros

Descanso e introspección

 

E hai actividades dirixidas:

A roda (asemblea), unha longa ao principio do día e outra ao rematar o recreo

Contacontos

Teatriño de mesa

Saídas

Xogos de psicomotricidade

Corrillos e xogos de linguaxe e movemento

Merenda

Música

Actividades dirixidas á lectoescrita, lóxica-matemática, tratamento da información e a postura, prensión e atención durante a realización da tarefa.

 

Resaltar que hai actividades que non se mencionan nen se clasifican, mais interveñen con gran protagonismo na evolución das crianzas na Escola, son as relacións persoais,e , en consecuencia, o xeito en que cada crianza aprende a xestionar as emocións involucradas nesas relacións e a sentirse parte do grupo e a súa interdependencia.

O alumnado recibirá clase de inglés os luns de 10.30 a 11.30 e a orientadora do CEIP As Neves intervirá os xoves durante 1 hora. Unha profe especialista en Audición e Linguaxe acompañará á aula todos os mércores en sesión completa, facendo intervencións grupais e tamén individuais co alumnado que o precise segúndo o que se acorde entre ela, a titora e a Orientadora.

 

Actividades complementarias

·      Realizaremos saìdas a pè a recursos interesantes da contorna pròxima.

·      Saídas semanais á Fonte da Moura

·         Unha vez por trimestre iremos à escola de Rubiòs e eles viràn à nosa (pendente de confirmación por parte da Escola de Rubiós).

·         Outros anos fomos convidados a celebrar, no Auditorio Municipal, o Aniversario de Rosalìa de Castro e o Dìa das Letras Galegas con obras de teatro e outras actuaciòns.

·         Cada familia farà unha intervenciòn formal na aula deseñando e dirixindo unha actividade, previa planificaciòn conxunta coa mestra.

·         Ampliaremos as nosas relacións con outras entidades locais: Centro Cultural, Casa de Turismo Rural, Charanga...

·         Proxecto Mercurio (ver PEC). Intercambio co IES e o CEIP de As Neves e visita ao Museo de Pontevedra

 

 

Actividades  extraescolares

Realizaremos varias  saìdas en autobús  a algùn destino interesante a nivel educativo e integrado nun Proxecto de Traballo, sempre que a situación da pandemia así o permita. Por exemplo:

            Museo de Pontevedra

            Auditorio de As Neves

Paraños: Museo da cera e Muíño

Helicóptero de extinción de incendios

Castro de troña

Actividade con cans de rescate acuático

 

Proxectos de Traballo

Hai varios focos de interès ao redor dos que se organizaràn algunhas actividades específicas ao longo do curso (anexo):

Cociña Pan de millo, zumes e licuados, galletas, as cabazas, as castañas, as uvas...A transformación dos alimentos é un punto de grande interese, aproveitaremos todas as ocasións para organizar obradoiros de cociña e probar novos sabores.

A Moura de Taboexa. O mito da Moura alumea agarimosamente o noso cole levándonos da man por moitas aventuras que afortalan, se cabe, o entusiasmo das crianzas. O colofón é unha búsqueda do Tesouro da Moura polo Monte Sanomedio que ocupará ás ultimas semanas do curso.

Exposición itinerante: O Mercurio de Taboexa: Despois de varios anos xestións e  visitas escolares ao Museo de Pontevedra, en maio do curso pasado recibimos emocionadas unha réplica a tamaño real de Mercurio (estatuiña de bronce prehistórica achada no Castro de Altamira, Taboexa,e custodiada no devandito museo). O proxecto consiste en deixar un expositor con Mercurio durante 2 semanas en diversas entidades (CEIP, IES; Centro de Día...) Un docente ou varios poden aproveitar este evento para introducir ou motivar leccións de historia co seu grupo. Ao remate da exposición un grupo da entidade en cuestión visitará Taboexa: O Centro escolar, a contorna natural cos petróglifos, e coñecerá a historia da Moura de Taboexa, gardiana e señora do Monte. Conto co apoio do Centro de Interpretación da Cultura e o Patrimonio de Taoexa, que acompañará estas visitas guiadas

 

 

Temporalizaciòn

Para que os nenos/as adquiran maior seguridade nas súas accións, mellor desenvolvemento emocional  e interiorización de certos hábitos, precisan realizalas cunha determinada organización: certas estruturas repetiranse todos os días coa mesma secuencia, son as rutinas, que marcan o ritmo que lles permite anticipar acontecementos, adquirir conciencia do transcorrer do tempo, relacionar espazo-tempo, actividade-descanso, actividade-persoa e asumir hábitos de orde e desenvolvemento da autonomía. Pero sobre todo lles ofrece unha simulación de control das suas actividades. As crianzas entran no cole saben qué van facer, non quedan ao arbitirio das ocurrencias do adulto.

Nos anexos expòñense as rutinas de traballo secuenciadas e pormenorizadas. Semanalmente concrètanse as tarefas a realizar.

 

Xornada escolar e horario

Xornada ùnica de 8.45 a 14.15 de luns a venres, (horario lectivo de 9.00 a 14.00) e mércores de 16.00 a 18.00 segùndo o calendario escolar establecido pola Consellerìa para este curso, solicitando a maiores dous dìas lectivos por determinar.

 

O xogo libre no patio (almorzo incluìdo) realizarase de 11.30 a 13.00 h. e serà custodiado pola mestra responsable do centro.

A responsable estarà dispoñible para atenciòn a familias, os luns de 10.30 a 11.30 (clase de inglès), e os mércores de 16.00 a18.00.

O horario desglósase no anexo1 : Rutinas de aula

 

 

 

Avaliaciòn

Nos meus anos de experiencia como mestra de Infantil, a avaliación ten sido o aspecto mais conflitivo e ingrato amén da burocracia. Calificar resultados escolares, e polo tanto encasillar crianzas tan novas e criterios de observación é sumamente difícil e implica un risco de academización da etapa. Por outro lado, a avaliación en sí parece que choca contra o meu criterio de respecto ás persoas e ao seu ritmo de desnvolvemento individual.  Pero non é menos certo que as mestras observamos ao noso alumnado cotexando o seu comportamento con determinadas ideas prefixadas sobre cómo agardamos que se conduza un neno/a, de 3, 4 ou 5 anos.

De modo que, entendendo que hai que facer avaliación sistemática, emprendo (unha vez máis) un novo esforzo de organización da información ao redor da pregunta: En que aspectos focalizo a miña atención sobre unha crianza para obter informacion desenvolvemento integral sano e unha preparación acaída cara a próxima etapa escolar?  Ou tamén, qué espero que un neno/a de 3, 45 anos sexa quen de facer? Son aspectos moi similares os que centran a tención das mamás e papás, pois a mestra de infantil e unha pseudomamá, unha adulta  que vela profesionalemente polo benestar integral (físico, mental e emocional) das crianzas e  docemente puxa polo súa maduración a través de relacións humanas, materiais, agrupacións de crianzas, propostas de xogo etc, observando a súa actividade durante o tempo de escola e preparando as crianzas para a etapa escolar propiamente dita.

E trato de clasificar criterios dificilmente encasillables, pero faise un esforzo de síntese e clasificación  e podo aventurar que os aspectos máis importantes onde eu poño o foco nunha crianza son aqueles que teñen que ver co seu desenvolvemento persoal :

Autoconcepto e autoconfianza, como se ve a si mesmo,se se sinte capaz e competente

Autonomía, como resolve as súas necesidades diarias (roupa, baño hixiene….) ou problemas que lle poidan acontecer (a billa non abre, a gaveta non abre, a friameira non abre, non son quen de pelar o plátano, cómo comer un iogur correctamente, o rotu non pinta…), e se pide axuda cando a precisa e como o fai.

Responsablidade (asunción de normas, recoller o material, seguir as indicacións da mestra…)

Regulación dos impulsos e as emocions, tolerancia ás frustracións….

Capacidade de esforzo

Iniciativa e emprendemento

Convivencia e relación coas compañeiras. Asertividade e colaboración, non dominación nen submisión

Ateción e organización : atende ás instrucións da profesora, organiza a súa tarefa, escolle o material necesario, disponse a executala con atención e determinación, resolve dificultades, a postura, orden, organización gráfica, conclusión e peche da mesma.

Tamén focalizo a miña atención noutros planos da maduración xeral

Comprensión do espazo-tempo

Mantemento  da atención

Comprensión das relacións persoais (familiares)

Coidado dos seres vivos e a naturerza

Organización das propias actividades

Capacidade de relaxación

Conciencia corporal

E especificamente no aspecto do desenvolvemento da linguaxe oral

Fala con fluidez? Constrúe frases progresivamente máis complexas? Pronuncia ben? Contesta cando se lle fala?, presenta un discurso coherente? Emprega fórmulas convencionais de cortesía? Sabe escoitar?

…e o da expresión corporal

Presenta coordinación de movementos? Gusta dos xogos de movemento? Asume riscos físicos? É prudente ou intrépido,ou aloucado nos seus xogos físicos?

En aspectos máis cercanos ao académico observamos

No eido da psicomotricidade fina

Abotóase? Cose? Fai unha pulseira? Como agarra a tixeira? O punzón?

 A psicomotricidade fina se concreta na grafomotricidade xa avanzada a etapa infantil: o trazo, prensión e presión

Lectoescrita: recoñece as letras, os nomes dos compañeiros/as? Escribe o seu nome? Escribe máis palabras? Escribe as letras con trazo decidido e limpo? Fai hipóteses escritoras? Silábicas?  alfabéticas? Ten unha postura axeitada ao escribir ou debuxar?

En crianzas cun gran desenvolvemento escritor podemos observar se fai hipóteses lectoras

No eido da lóxica matemática observamos

Xoga a oca, dominó, cinquillo...? (conteo, quendas), fai estimacións numéricas? Conta cousas? Hipóteses aritméticas?

Fai series? Clasifica? Ordena elementos atendendo a un criterio? Discrimina formas? Comprende un diagrama de dobre entrada?

…e ao respecto da expresión plástica, qué observamos?

Gusta de facer creacións plásticas? No uso do utensilio gráfico ocupa todo o espazo? Gusta de usar cores? É expresivo? Ou introspectivo? Experimenta con diferentes materiais plásticos?

….ao respecto da expresión musical

Gusta de participar en actividdades que implican o canto ou o ritmo?

 

Non debemos deixar atrás a observación de como a crianza vive a escola….ven contento/a ao cole?, está adaptado/a ás rutinas de aula?, disfruta das actividades propostas e fai novas propostas de actividade?

Adáptase a programación ás necesidades das crianzas? …a idoneidade das interrelacións afectivas e de comunicación entre as persoas implicadas ….  o grao de adecuación das condicións organizativas e recursos.

Esta parrilla de observacións e unha proposta viva e cambiante e servirá de guía de avaliación para o presente curso, e dado que as familias desexan e teñen dereito (orde do 5 de maio de 1993) a coñecer as miñas impresións sobre a evolución dos seus fillos/as de xeito  sistematizado e formal recibirán un informe escrito (modelo en Anexos) sobre os progresos do alumnado en torno a estes criterios aquí exoplicados, 2 veces por curso.

 

 

 

 

Recursos

·         Edificio escolar consistente nunha aula principal de 70 m2, unha aula anexa de 90m2, un patio de 100m2 e entrada cuberta de 20m2.

·         A contorna natural e social e a comunidade son tamèn un recurso educativo, en particular, as familias.

·         A Administraciòn local colabora coa climatizaciòn, limpeza, mantemento e melloras no edificio escolar

·         Mobiliario e material axeitado ao alumnado

·         Orzamento da Consellerìa para o Centro

·         O proxecto O MONTE NACE NA ESCOLA

·         Traballo voluntario das familias en canto a mellora e acondicionamento das instalaciòns

·         Voluntariado externo

·         Material didáctico elaborado pola mestra adaptado às necesidades do grupo

·         Museo de Pontevedra

·         O centro participa no programa deinnovacióneducativa, Plan Proxecta.

·         Material curricular de elaboración propia

 

 

Avaliaciòn da programaciòn

A programaciòn è sometida a unha valoraciòn continua para vixiar o grao de adecuaciòn de obxectivos, contidos e metodoloxía, temporalización, organización de espacios, etc.,ás necesidades e competencias das crianzas.

Ao final dos trimestres e, especialmente ao final de curso fanse propostas para axustar aqueles aspectos que mostran debilidade e solicìtanse  os recursos extras necesarios.

 

 

 

 

 

 

 

 

ANEXO 1      AS RUTINAS

 

 

 

 

 

ANEXO 2      OS ESPAZOS DA AULA


A RODA, construcións

Xogos de ensartar

Bolos

Pezas soltas, sobre todo pezas soltas

Pizarra velleda

 

MESA GRANDE, traballo

Crebacabezas

Xogos de lòxica matemàtica

Xogos de estruturaciòn espacial

Regretas cuissenaire (ordear, seriar, reproduciòn en cadrìcula…)

Formas xeomètricas

Que escriban letras ao chou

Clasificar palabras    

Fariña-plasti

Crebacabezas de letras

Montar nome

Etiquetas

Texto libre

Libro das palabras difíciles

Libro das vogais

Libro das familias

Libro das mascotas

Tarxeteiro

Bingo de palabras

Relaciona

Xogos de lectoescrita

Pizarra velleda

 

A  CASA DE MOURI, xogo simbólico

Reproducción dunha casa para o xogo simbólico

 

SALA OSCURA

Retroproxector

Mesa de luz

Lanternas

 

CONTOS

Libros de ficción e non ficción e elementos de descanso

 

MESA DOS CONTOS ESPECIAIS

Libros de gran formato ou que requiren especial coidado

 

MESA PEQUENA

Cinquillo e xogos de cartas

Oca

Bingo

Maquillaxe

Dados

Dominò

Oca

Pai fillo nai

Comenùmeros

Bingo

 

PINTURA, plástica e manualidades

Recortar

Picar

Pegar

Mandalas

Rolos papel hixiènico

Decorar a aula

Collage

Debuxar e pintar

Barro

Fondos-texturas

Troqueis

Pinceis

Area

Ensartar

 

A SALA GRANDE, psicomotricidade

Psicomotricidade e movemento

Disfraces

 

O PATIO, xogo libre

No exterior as crianzas atopan variedade de estímulos e desafíos cercanos á natureza para continual coa súa actividade formativa de forma autorregulada

 

A FONTE DA MOURA, natureza

Espazo do monte comunal considerado área anexa ao Centro escolar para as nosas saídas á natureza

 

 


ANEXO 3        PLAN DE IGUALDADE

 

A situación de discriminación da muller na nosa sociedade é patente, os datos sobre a brecha económica, o teito de cristal, as violencias sexuais, a división de tarefas asociadas a coidados ou domesticas son suficientemente claros.  A cultura machista está detrás de esta situación que, na súa expresión mais siniestra, asasina cada ano ao redor de 80 mulleres no Estado Español, a mans de parellas ou exparellas.

Para ter unha convivencia harmónica na que todos os membros da sociedade poidan desenvolverse con liberdade e  sen medo en igualdade de condicións independientemente do seu sexo, debemos apurar a reconstrucción desta cultura que oprime á metade da nosa poboación. É unha necesidade social urxente e ineludible.

O sistema educativo é interpelado xa que logo para facelo, pois a escola (xunto á familia) e o contexto onde as crianzas adoptan os rasgos culturais propios.  Pero tamén é a Escola onde un individuo en formación, adquire as ferramentas persoais para superar estereotipos e mandatos culturais e construír, con espiritu crítico, creativo e liberador, unha cultura mais avanzada, por tanto,  ante a emerxencia feminista, elaboramos un plan de acción que consiste en:

 

1          Observación e diagnostico.

2          Obxectivos

3          Accións

4          Seguemento, avaliación e redefinición do plan

 

 

1        observación e diagnóstico

Como responsable do centro e case única profesora do mesmo (o especialista de inglés e o orientador acuden cadansúa hora semanal) observo, sí, riscos machistas na indumentaria, no comportamento, nas linguaxes, nas expectativas de futuro, etc.

Tamén observo conductas e situacións sexistas na relaicón coas mamás (a maioría son mamás, non papás) que os veñen deixar no cole.

 

Indumentaria

A cor rosa e as súas variantes está presente dunha forma extremadamente prominente en roupa e complementos (mochilas, gorras, pantuflas…) das nenas e é inexistente na dos nenos.

Tamén observo como a maior parte da roupa e accesorios levan estampacións de marcas e persoaxes de animación, que tamén reproducen estereotipos machistas.

En canto á prenda inferior, os nenos usan chandal e as nenas mallas, non se dá ao contrario.

 

Socialización diferenciada

Observo unha actividade física mais exacerbada nos varóns, tendencia a xogos mais movidos e violentos.

ás nenas gústalles pintar as uñas e maquillarse. Os nenos teñen rexeitamento ante pintar as uñas e custionan ao que se atreve a facelo.

 

Na linguaxe

As crianzas de taboexa apenas din tacos pero se algún se escoita, é na boca dun varón.

As nenas poden chegar a afirmar que hai que maquillrse para que os chicos as queiran

 

 

Expectativas de futuro

Cando falamos das profesión e expresan os seus plans, as respostas obedecen á separación de roles, mesmo se chega a corrixir a unha nena que expresa que, de maior , quere ser piloto de fórmula 1, “as chicas non poden ser pilotos de Formula 1”, contesta un compañeiro. Efectivamente, todos os pilotos de Formula 1 que ven son varóns.

 

Nas familias

Observo que a repartición de tarefas é a tradicional (en familias con estrutura tradicional, ou como maximo monomarentais), os pais traballan e as nais quedan ao coidado dos fillos na maior parte das familias.

 

Por tanto creo que hai elementos abondo para afirmar que, xa estas idades tan temperás, as crianzas comezron a interiorizar o rol que o mandato cultural machista lles asigna polo seu sexo.

Podemos revertir esta situación? A que podemos aspirar?

 

 

2        obxectivos

 

A ver indumentarias libres de estereotipos de xénero e de mercadotecnia.

A escoitar espectativas de futuro guiadas por verdadeiras inclinacións persoais e non mandatos culturais sexistas.

A normalizar diferentes modelos de familia

A que a expresión corporal non sexa tan diferenciada

A que os xogos non sexan diferenciados

A aprender o bo trato e a non violencia

Á expresión e coñecemento das emocións

 

Cómo imos conseguir estes obxectivos?

 

 

3        Accións

As crianzas de 3, 4 e 5 anos, absorben o ven ao seu redor, se queremos cambiar algunha conduta habemos de incidir na xénese da mesma. Corresponde entón desenvolver un proceso de reflexión profunda dos adultos que nos relacionamos con eles para analizar en qué medida somos responsables da súa deriva sexista.

Na nosa linguaxe

Nos modelos que lles ofrecemos

Nas nosas accións

Nas expectativas que poñemos sobre eles

Nos produtos culturais que lles achegamos

 

 

4        Revisión do plan

Anualmente o plan será obxecto de revisión e redifinición

 

 

 

 

 

ANEXO 4        PLAN DE CONVIVENCIA

 

Escola de Educación Infantil de Taboexa

Introdución

O plan de convivencia do centro é o documento no que se articula a convivencia escolar, que garante unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e a súa resolución pacífica.

Según se recolle no artigo 121.2 da LO 8/3013, unha das tarefas fundamentais que teñen encomendadas os centros docentes é a de elaborar o seu plan de convivencia. Así mesmo, no preámbulo desta mesma norma dise que “ocupa un lugar relevante, na relación dos principios da educación, a transmisión daqueles valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza”. Ademais, “propóñense o exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia e a prevención de conflitos e a resolución pacífica de estes” como un dos fins do sistema educativo, e para a súa consecución faise extensivo a todos os niveis educativos e a todos os membros da comunidade escolar o obxectivo de traballar “a convivencia e a relación social e exercitarse na resolución pacífica de conflitos”.

A normativa actual da Comunidade Autónoma de Galicia referida á convivencia escolar, é dicir, a actual Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, no seu artigo 10, fai mención ao plan de convivencia e normas de convivencia.

Así mesmo, o artigo 11 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en 5 materia de convivencia escolar, establece que o proxecto educativo de cada centro docente incluirá un plan de convivencia que recolla e desenvolva os fins e principios establecidos no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas leis orgánicas sobre a materia. Devandito plan de convivencia integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes e establecerá, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, obxectivos, directrices básicas de convivencia e actuacións, incluíndo a mediación na xestión dos conflitos, e conterá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras.

O plan de convivencia no noso caso pola condición de unitaria é elaborado polo equipo directivo, e aprobado polo consello escolar do centro (artigo 10.1 da Lei 4/2011), estando, por tanto, representados todos os sectores da comunidade educativa.

 

A análise da situación,

As Escolas Unitarias poseen as características ideais para minimizar os problemas de convivencia, de ahí que sexa case innecesaria a elaboración dun plan específico a tal fin, pois é precisamente a convivencia harmónica entre os membros da comunidade educativa aquelo do que presumimos estas escolas.

A cercanía de trato coas familias, co coidado que estas poñen na relación cos seus fillos e coas súa recién estreaada escolarización, e a relación cercana da profesora con toda a comunicade educativa, facilitan unha atmósfera de comunicación e respecto

Mesmo así, en prevención de situacións de difícil resolución, elaboramos o plan de convivencia adaptado ás peculiridades dunha Escola Unitaria que acolle a un número reducido de crianzas de entre 3 e 6 anos, que recibe das familias as crianzas e entrega ás familias as crianzas (non hai transporte nen comedor) e que está integrada na comunidade.

 

Axentes implicados

A consecución dunha estratexia integral e ambiciosa coma esta require a participación e a implicación dos múltiples sistemas nos que se atopan inmersas as crianzas. A realidade socioeducativa é complexa e non podemos acadar o éxito se non existe unha actitude de cooperación entre os axentes implicados. Pola condición de unitaria a relación entre estes axentes é moi estreita o que permite levar a cabo un maior número de iniciativas. Estoume a referir á relación familia-escola tan importante á hora de garantir o desenvolvemento integral do noso alumnado.

 

Os obxectivos específicos

Entendemos por plan de convivencia o conxunto de accións encamiñadas hacia:

a) A garantía dun ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o cumprimento dos fins da educación e que permita facer efectivo o dereito e o deber de aproveitar de forma óptima os recursos que a sociedade pon á disposición do alumnado no posto escolar.

b) A educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas.

c) A prevención das situacións de acoso escolar mediante medidas eficaces.

e) A corresponsabilidade das nais e dos pais ou das titoras ou titores no mantemento da convivencia nos centros docentes.

f) A promoción da resolución pacífica dos conflitos e o fomento de valores, actitudes e prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas.

g) O avance no respecto e a sertividade entre todos os membros da comunidade educativa e na mellora da convivencia escolar.

h) A promoción da sensibilización dos distintos sectores que interveñen na educación sobre a importancia da convivencia como parte fundamental para o desenvolvemento persoal e social do alumnado.

 

Actuacións a desenvolver

Observación constante das relacións entre o alumnado, entre o profesorado e o alumnado, entre as familias e o alumnado, entre as familias entre sí, e entre as familias e o profesorado.

Estabelecemento de canles eficaces de comunicación entre todos os membros da comunidade educativa,

Deseño e organización de xornadas de convivencia e de xornadas de reflexión sobre educación e crianza.

Posta en marcha dunha escola de familias

 

O protocolo para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar

De conformidade co establecido no artigo 30.2 da Lei 4/2011, do 30 de xuño o protocolo de detección consistirá en:.

                   Realización de campañas de sensibilización hacia a cultura de paz e respecto

                   Especial atención á resolución pacífica de conflitos

                   A posible mediación de persoal cualificado do CEIP Marquesa do Pazo (As Neves)

                   Comunicación á Inspección Educativa de calquera incidencia que ameace a convivencia pacífica no Centro.

 

Normas de convivencia do centro

As Familias teñen dereito a ser informadas de todo o concernente aos seus fillos e fillas de maneira formal. Para iso a PXA establece horarios de titorías.  Asimesmo, teñen dereito a participar da vida escolar nos términos expresados na Programación Xeral Anual, teñen dereito a un trato respectuosos por parte do profesorado

As familias deben respectar as decisións profesionais do profesorado e colaborar con eles para o beneficio dos seus fillos e fillas, deben asimesmo respectar horarios e peticións do profesorado en canto a merendas, recursos a aportar ao centro, etc.

O profesorado ten dereito a que se lle respecte a liberdade de cátedra e a ser tratado como corresponde, asimesmo debe ofrecer a familias e alumnado ese mesmo trato respectuoso.

O profesorado ten o deber de protexer os dereitos do alumnado e actuar en caso de detección dunha situaicón de abuso ou neglixencia por parte das familias.

O alumnado ten dereito a ser tratado con respecto, cariño e consideracion,  a comprender as accións que se realizan no Centro, a ser escoitados nas súas demandas e a que as súas necesidades intelectuais, físicas e emocionais sexan atendidas debidamente polo profesorado.

O alumnado ten dereito a ser protexido polo profesorado nos seus dereitos, mesmo en contra das súas propias familias.

En caso de observar signos que amosen unha situación de alerta cara a saúde psicofísica do menor débese informar canto antes os servizos correspondentes

 

Establecemento das condutas contrarias á convivencia

As condutas contrarias á convivencia son aquelas que, faltando ás indicacións do profesorado, quiebren o clima de paz e orde do espacio escolar

            Agredir verbal ou físicamente a outro membro da comunidade educativa.

Calquera trato incorrecto  entre as persoas especialmente hacia as crianzas

Faltas de puntualidade ou asistencia reiteradas

 

Seguimento ao plan de convivencia

Nas reunións de familias, de frecuencia trimestral, establecidas pola PXA, se considerará a convivencia como punto a tratar.

 

Comisión de Convivencia

O Consello Escolar funcionará como Comisión de convivencia  e reunirase cada tres meses. Debido a que nel está representado o concello, as familias e o profesorado é un bo axente á hora de tomar decisións relativas á mellora da convivencia escolar.

 

Difusión

O plan de convivencias será debidamente difundido entre a comunidade educativa nas reunións de familias, mediante cartelería, medios electrónicos...

 

Avaliación e mellora

A eficaciá e pertinencia do Plan de Convivencia será revisado permanentemente e anualmente modificado incorporando as melloras derivadas da avaliación constante concretadas nas reunións de familias e de Consello Escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANEXO 5        ADDENDA AO PROXECTO LINGÜISTICO

 

A procedencia da totalidade do alumnado è rural ou semiurbana e na maiorìa  de lingua materna-ambiental o galego, consecuentemente o profesorado utilizarà esta lingua como vehicular,tendo sempre en conta que se busca unha competencia similar nas dùas linguas oficiais (lei 3/1983 de normalizaciòn linguìstica, artigo 14).

Obxectivos xerais para o fomento da lingua galega.

• Incidir na comunidade educativa para vencer prexuízos cara ao galego e para promover actitudes favorables a esa lingua, axudando así a superar o desequilibrio social no que se atopan o galego e o castelán.

• Promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibeis os recursos e os esforzos deses dous ámbitos a prol da normalización do galego e partir das experiencias proximas para ampliar o vocabulario

• Garantir, dentro das posibilidades existentes, unha oferta de materiais didácticos en soportes diversos que fagan atractivo o proceso de aprendizaxe, que axuden a percibir a utilidade da lingua e que capaciten para o seu uso correcto e eficaz.

 

 

Este curso están matriculados no centro 8 crianzas, das que 6 teñen como lingua ambiental o galego, confirmando así a tendencia a ser lingua predominante. Consecuentemente, o galego será a lingua vehicular, sen ignorar o castelán que será utilizado tamén a traves de contos cancións, audiovisuais,etc.

O Consello Escolar valora positivamente as actividades relacionadas co fomento da lingua, especialmente aquelas relacionadas coa revaloración do entorno natural e o patrimonio material e inmaterial , xeneroso na nosa parroquia. As visitas aos petróglifos, a apropiación da lenda da Moura e o estudio dos achados prehistóricos son vías de fomento do uso do galego en toda a comunidade, ao tempo que facilita a promoción da contorna como fonte de contidos curriculares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANEXO 6        BOLETÍN DA AVALIACIÓN

 

Mostro aquí as páxinas centrais do boletín de calificacións da escola, cos items a calificar e o desglose e desenvolvemento de cada un para unha maior comprensión:

 

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario