Voltamos coas xornadas de voluntariado. A Fonte da Moura (en realidaade chámase a Fonte da Cabreira) é un espazo de monte comunal que os comuneiros/as de Taboexa nos deixan disfrutar e encher de vida. Case todas as semanas imos alí a pasar unhas horas de lecer e aprendizaxe, e, en Xuño facemos unhas semana de experiencia de Escola na Natureza, Montescola. Para que cada ano o lugar estea mellor acondicionado para as nosas actividades, e tamén para o disfrute de todo o que por alí se deteña, organizamos unhas xornadas de traballos voluntarios e pedimos a amigos/as, viciños/as, e comunidade educativa se achegue a botar unha man.
A Comunidade de Montes estarán o día 4 de Maio e a Comunidade educativa o día 11 de Maio con diferentes tarefas, todas adaptadas a diversas capacidades e cometencia,
Agradecemos saber de antemán con cantas persoas contamos para poder organizar o traballo e as ferramentas así que animaivos e vinde o día que mellor vos preste.
Gracias de antemán. Por unha escola integrada na comunidade, que viva a Moura, a Fonte e todo o monte Sanomedio!.
aquí vos deixo un enlace a montescola 2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario