venres, 26 de abril de 2024

amorosa veciñanza

Un ano máis Miriam e Ángel recibíronnos co agarimo de sempre na Casa Uma. O cariño que se entrega nese lugar é patente, cada recuncho fala do coidado con que o miman, como a nós, ás crianzas e ás adultas que as acompañaron. Foi un encontro sinxelo e disfrutado, unha merenda no xardín e un pouco de xogo para as pequechas mentres as adultas charlábamos e disfrutabamos do café, acaso non é ese un dos pequenos grandes praceres da vida?

Máis  a esta mestra págaselle popr traballar, non por andar a tomar café por ahí. En efecto, hai unha

intención pedagóxica, como en case todos os nosos movemntos. A intención da Escola é clara, establecer e coidar os lazos coa comunidade, pero non a través dunha clase teórica ou unha "ficha" senon vivencialmente, así tratar de transmitir ás crianzas que as persoas, casas, negocios, institucións que nos rodean (aparte da contorna natural) forman parte do noso ecosistema e nos nutrimos en rede, en forma de axuda mutua, compañía e coidado. Ao mesmo tempo practican o comportarse en sociedade, fora do ámbito familiar, así, dun xeito amoroso e nun entorno de beleza e dedicación. Que vivan entornos físicos e humanos de beleza e coidado para que vaian na súa procura cando chegue o tempo, nós ofrecemos o modelo, ou alo menos un modelo posible. Non é pequena a lección o que pasa é que a vivimos con disfrute, qué culpa temos?


Ningún comentario:

Publicar un comentario