venres, 26 de abril de 2024

casas si! guerras non!

Eu teño unha casa, forte e resistente

nin o vento máis potente a pode destruir

eu teño unha casa, forte e resistente

e nela segura, eu podo durmir.

A partires dunha rima de Tamara Chuvarovsky elaboramos aquí na Escola de Taboexa, como parte dunha acción conxunta das escolas de toda Galicia (docentes por Palesstina), o día 12 de abbril, coa axuda de Cristina, a mamá de Xián, o noso cativo símbolo de rexeitamento ante o xenocidio de Gaza. Certamente é raro tratar de involucrar crianzas tan pequenas nestes asuntos dos adultos e os seus destrutivos egos, pero o noxo e a impotencia é tan grande que tampouco podemos quedar impasibles ante semellante masacre onde as forzas políticas dos países "adiantados", que interveñen  a prol da paz en tantos e tantos conflitos polo mundo adiante, dan as costas á poboación civil que sufre este horrendo exterminio. 

Tratando de preservalos de imaxes crueis, falamos do dereito de toda crianza a ter unha casa onde vivir coa súa familia, tranquila, con afecto, comida e calor...por iso disfrutamos dos incríbles debuxos de Roberto Inoccenti en LA CASA, onde relata a hostoria dunha casa de pedra ( parecida ás nosa), que pasa por direrentes estados de conservación , tamén por ela pasa unha guerra, ata que finalmente é restaurada, e por tanto,a súa dignidade, recuperada.

Sirva como aperta solidaria e berro de protesta, dende a comodidade das nosas casas, das nosas vidas estables..: Casas Si!, guerras non!



Ningún comentario:

Publicar un comentario