xoves, 13 de xullo de 2017

doces despedidas


 Despedìmonos . Uns ata setembro e outros ata mais ver,non se sabe, se cadra  a próxima vez  que nos vexamos xa me sobrepasan en altura ou me cruzo cun adolescente que simula non coñecerme, non importa, o que se entregou queda dentro.
È unha verdadeira despedida despois de 3 cursos xuntos dìa a dìa compartindo  momentos de risas, de esforzos, de superación e de acompañamento

Cando vexo para eles non sei se me sinto profesora, mamá ou amiga, e
non sei se isto debe de preocuparme, pregúntome se se conseguiron obxectivos curriculares e a pregunta chirrìa no meu cerebro.  Pero cando estou con eles, en grupo ou de persoa a persoa sinto que hay un vìnculo recìproco de afecto, admiración e respecto que me fai pensar que o traballo feito ten que ver con deixar as bases sentadas, uns cimentos sòlidos para cando cheguen as sumas e restas, as partes da flor, a historia de España e os adxectivos calificativos. E, que pasarà cando cheguen as dificultades nas relaciòns entre iguais, un recreo difícil, non comprender unha lecciòn, un exame suspenso, unha mala fortuna no amor, unha pelexa de irmàns, unha ferida no corazón, un problema na familia, un complexo pola imaxe persoal, unha baixa autoestima, unha envexa, uns ciumes, un non entender que pasa coa vida, unha enfermidade…se unha simple profesora poidera facer algo para que un menor constrùa unha persoalidade forte, asertiva, empoderada, equilibrada, respectuosa consigo mesmo e co entorno, responsable dos actos da sùa vida, capaz de afrontar as dificultades con entereza, xenerosa e positiva, e quén de sentirse feliz “de por sì”, ahhh, entòn ahì estaría o grande logro. Se poidera pedir un desexo profesional
sería ese, aprotar un granciño de área na construcción da persoa.
E se con estes pensamentos estou saìndome das miñas competencias profesionais e asumindo roles que non me corresponden agradecerìa alguna autoridade educativa (os meus superiores, pois eu traballo para un organismo que me paga e do que espero orientación profesional) que me aclararan cal è o meu papel e como medir os meus logros, asì evitaríamos o tan cansado e perxudicial conflito sobre “cando toca aprender a ler e escribir” e outros tantos. Pode ser que quen està por riba de mìn saiba menos ca min (cantas veces acontece!), ou tamèn que o traballo con persoas, nomeadamente con persoas tan pequeñas que posiblemente estiveran mellor coas sùas familias que na escola, non se pode estruturar ,medir e avaliar coas ferramentas cientìficas creadas polas persoas, noutras instancias entòn, efectuarase esa valoración.

Feliz verán a todas, disfrutemos da Galiza con caloriño,  coidémola e ogalla chegue tamèn de cando en vez, algo de augiña para regarnos!.





Ningún comentario:

Publicar un comentario