mércores, 25 de outubro de 2017

lumes nunca mais!



Querida Moura:
Estamos preocupadas por tì, sabemos que ardeu ata a porta da tùa cova, debeches de pasar moito medo, igual que a rola, a curuxa e o pardal, sentìmonos apenados, cheos de cansancio e rabia, nos, tan apegados à natureza, tan cercanos as pequeñas floriñas que medraban entre as àrbores, tan atentos as pegadas dos animais que viven no monte e que às veces nos deixaban mensaxes de cariño e simpatía e xogaban con nòs às agachadas, a topar os petroglifos ou o tesouro que con agarimo deixabas para nòs cada
primavera.
Hoxe camiñamos polo monte morto, negro e silencioso, buscamos as tùas pegadas, Moura, se cadra marchaches un tempiño a outro monte, volve pronto, nos plantaremos carballos castiñeiros, pradairos e bidueiras para que voltedes todos Moura as abellas, os insectos e os paxaros, e pequenos animaliños do monte que coidades do noso cole. Prantaremos àrbores autóctonas que nos defenden do lume e enchen de vida o noso monte, dannos  madeiras nobres e gozosa sombra, dannos cogomelos e acubillo aos paxarìños, os mesmos que xa lle cantaban às nosas ancestras. Coidaremos do monte para que non arda, miraremos que ninguèn lixe o monte, que se aproben leis que o defendan, e miraremos ben que ninguèn se enriqueza danando à natureza.
O monte è a nosa casa, parte da nosa vida.

Agardamos o teu regreso Moura, necesitàmoste.

Ningún comentario:

Publicar un comentario