mércores, 25 de outubro de 2017

Diàlogo corpo-obxectos

A experimentaciòn con diferentes materiais e co seu propio corpo. Exploración de posibilidades aplicando todo o potencial de iniciativa, creatividade, e tesòn.
A profesora mira porque o entorno do pequeño sexa rico en materiais desestruturados (a poder ser materiais nobres, amables coa natureza infantil), e cede o espazo e o tempo para que o pequeno, sò ou en compañía, reciba, a través do tacto, a información sobre os diferentes obxectos ,  a relación entre o tamaño, a forma o peso,a textura,  o material do que està feito, o efecto da sùa acción sobre eles, e as potencialidades dos mesmos .
Asi constrúen unha torre con bloques de madeira e experimentan o peso e a relación entre peso,  tamaño e forma, experimentan a verticalidade e o equilibrio, a suma de elementos, a taves do

Ler e escribir, cando? Què di a neurociencia?

exercicio de lectoescrita
Querida Moura, eu non son unha especialista en neurociencia e pido que todo o que leas aquí o contrastes coas tùas fontes (de fontes entendes tì moito), pois sò son unha “probe” profesora empeñada en ofrecer a mellor atención à sùa clientela “miudiña”. As respostas (hai que saber velas coas gafas de mirar crianzas) que, ao longo dos anos,  dan as crianzas às miñas actuaciòns educativas,  son as que guìan o meu traballo , non son caprichos persoais ou snobismos ou modas, è a profesora que se foi formando con estudio e vivencias a que orienta a pràctica, e precisamente pola certeza de que non è unha moda ou un capricho

Ela cando salta, ri!

Ela cando salta, ri. E os demais tamèn, què sucede no seu cerebro e no resto do corpo que lles produce alegría o movemento? No  periodo sensoriomotor as aprendizaxes acontecen no seu cerebro a través das sensacións corporais e o movemento. Xa o dixo Piaget no sèculo pasado, hai que telo moi en conta, estes nenos e nenas non sò teñen dereito a poder moverse con liberdade (nun espacio seguro e amable) se non que è unha vìa moi eficaz de desenvolvemento integral que prepararà o seu organismo para as operaciòns mentais mais complexas  propiamente acadèmicas, sedentarias e cerebrais.  Sì.Saltar agora para ler despois, a correspondencia està probada, antes de ler e escribir un neno debe xogar a pelota, saltar à pata coxa, correr para adiante e atrás, andar en bici…a neurociencia nos està a advertir de que as actividades propias da infancia, dende o principio dos tempos, son precisamente as que precisa un organismo en maduraciòn para posteriromente afrontar operaciòns mentais mais complexas mellor preparado. Por iso tanto as nosas crianzas como nos cando eramos crianzas xogamabos igual, a colocar paus, amontonar terra, alinear pedriñas, correr, saltar…son acciòns que resonden a impulsos naturais deseñados pola nosa natureza para vehiculizar as aprendizaxes propias da etapa infantil.

lumes nunca mais!



Querida Moura:
Estamos preocupadas por tì, sabemos que ardeu ata a porta da tùa cova, debeches de pasar moito medo, igual que a rola, a curuxa e o pardal, sentìmonos apenados, cheos de cansancio e rabia, nos, tan apegados à natureza, tan cercanos as pequeñas floriñas que medraban entre as àrbores, tan atentos as pegadas dos animais que viven no monte e que às veces nos deixaban mensaxes de cariño e simpatía e xogaban con nòs às agachadas, a topar os petroglifos ou o tesouro que con agarimo deixabas para nòs cada