mércores, 25 de outubro de 2017

Diàlogo corpo-obxectos

A experimentaciòn con diferentes materiais e co seu propio corpo. Exploración de posibilidades aplicando todo o potencial de iniciativa, creatividade, e tesòn.
A profesora mira porque o entorno do pequeño sexa rico en materiais desestruturados (a poder ser materiais nobres, amables coa natureza infantil), e cede o espazo e o tempo para que o pequeno, sò ou en compañía, reciba, a través do tacto, a información sobre os diferentes obxectos ,  a relación entre o tamaño, a forma o peso,a textura,  o material do que està feito, o efecto da sùa acción sobre eles, e as potencialidades dos mesmos .
Asi constrúen unha torre con bloques de madeira e experimentan o peso e a relación entre peso,  tamaño e forma, experimentan a verticalidade e o equilibrio, a suma de elementos, a taves do
tacto coñecen un paralelepípedo regular . Eu son profesora e miro cos meus lentes especis de profesora que sabemirar crianzas, e vexo nos seus xogos,xeometrìa, aritmètica, fìsica e deseño tècnico no formato especìfico para unha crianza na etapa infantil: montar unha torre! hoxe xogar a facer unha torre, mañán xeometrìa, pasadomañán, pode ser, inxeñerìa,  pero hoxe , torre!
E tantas cousas mais están aprendendo mentres fan a torre, e se a fan acompañandos teràn a alegría maior de compartir a fazaña, aprenderán a coordinar os seus intereses cos alleos e verbalizaràn os seus pensamentos, ai a linguaxe oral, se dan ganas de dicir que veñen ao cole a falar e escoitar! Mañan ler e escribir, hoxe falar e escoitar.
E, se no canto de torre fan un tren?, e se eu digo que o tren e o precursor da escritura, que o tren è un trazo composto por unidades mais pequeñas que o conforman?, hoxe tren, mañan ler e escribir.
E ao fin recollen a pezas, practicando o tan saudabel exercicio da resonsabilidade, a orde e o respecto por un mesmo e os demais.

A miña tarefa è promover que teñan este tipo de actividades, ceder o espazo, o tempo e os materiais e observar os seus xogos aprendendo todo o que nos están contando de eles mesmos de como ven a vida e como aprenden, co respeto de quen è partìcipe dun proceso de crecemento precioso e único, necesario para os posteriores. Asì como a semente debaixo da terra se transforma ata agromar e facerse visible, os procesos de maduración neurolòxica dos nenos de estas idades danse asì a través do xogo e a experimentación con obxectos e co seu propio corpo, os exercicios esplìcitos de operaciòns obstactas e acadèmicas veñen despois,hoxe xogar, mañan estudiar.








2 comentarios:

  1. Foi un pracer ler esta entrada.
    Qué agradable saber que os teus alumno/as disfrutan, saben, coñecen e fan uso do espazo deseñado para eles.
    Noraboa

    ResponderEliminar
  2. Moi recorfortante ao ler a túa entrada saber que a verdadeira vocación de ensinar sigue viva!!
    Qué sorte para eses pequechos estar aprendendo na túa Escola!!
    Viva a pedagoxía de verdade!!!
    Un bico, irmá!

    ResponderEliminar