mércores, 25 de outubro de 2017

Ler e escribir, cando? Què di a neurociencia?

exercicio de lectoescrita
Querida Moura, eu non son unha especialista en neurociencia e pido que todo o que leas aquí o contrastes coas tùas fontes (de fontes entendes tì moito), pois sò son unha “probe” profesora empeñada en ofrecer a mellor atención à sùa clientela “miudiña”. As respostas (hai que saber velas coas gafas de mirar crianzas) que, ao longo dos anos,  dan as crianzas às miñas actuaciòns educativas,  son as que guìan o meu traballo , non son caprichos persoais ou snobismos ou modas, è a profesora que se foi formando con estudio e vivencias a que orienta a pràctica, e precisamente pola certeza de que non è unha moda ou un capricho
estético o que gùia a miña actuaciòn, è que busco na ciencia mais avanzada un sostén para a mesma.

Asì como hai 15 anos a vanguardia en pedagoxìa bebìa das ideas do constructivismo, hoxe, sen desbancalo, è a neuroeducaciòn a que nos està a descubrir os mecanismos fisiolòxicos dos procesos de aprendizaxe, para deseñar o noso traballo pedagòxico e incidir nenles da forma mais eficaz.
A neuroeducaciòn è o estudio a función cerebral da aprendizaxe dende a perspectiva biolòxica, psicolòxica e pedagòxica, e, destaco de entre as sùas teses, 2 que para min son fundamentais .
As áreas do cerebro que participan no proceso de lectoescrita non están maduras ata os 6, 7 ou 8 anos.
As emociòns (cerebro límbico) participan de forma estrutural no proceso de aprendizaxe.
Què conclusiòns sacamos de estas dùas afirmaciòns?
de momento deixo aquì dous vìdeos interesantes e asequibles e xa continuaremos...


https://www.youtube.com/watch?v=dazDFoK1cOE

1 comentario: