luns, 27 de novembro de 2017

lumes nunca mais (3/3) Grazas!

Ai, que ben o pasamos o sábado!
sentir que estabamos unidos por unha causa comùn, todos e todas empurrando para defender a nosa natureza, e que estabamos contentos porque puñamos o noso gran de area para que as cousas saìran ben.
Pola mañán, no Centro Cultural, crianzas e adultas sementamos case 200 carballos e desfrutamos do  concerto de LIKE A VERSION con vermut, e moi a gusto entre bromas e
saùdos saboreamos unha soalleira mañan despois de chover toda a noite, bravo!!!
E pola tarde Mago Marco, Raquel Queizas, unhas palabriñas do presidente da Comunidade de Montes, Oscar González, unha canciòn dos peques da Escola, e un sabroso chocolate para pasar a tarde entre amigas e familiares. Creo que todos respiramos alegrìa e benestar, arte e solidariedade.
E para a mestra a sensaciòn ben bonita de sentir que a Escola fai parte da comunidade, como debe ser!, un gusto ver tanta xente inundando as salas que sempre son ocupadas por unha man de meniños...adultos e crianzas visitando a escola (algùns ex-alumnos lembtando vellos tempos...) e disfrutando dos materiais e os espazos.
Infinitas grazas a todas as persoas que dun xeito ou outro colaboraron para o èxito do evento, aos comercios que colaboraron con productos, às que mercaron entradas fila 0, aos que mercaron rifas, aos artistas, aos que axudaron a mover bancos, arrumbar e limpar e, claro!,  às persoas que agarimosamente nos acompañaron nesa inesquecible tarde.
E ademais de disfrutar e pasalo ben...xuntamos case 1100 euros!!!, que seràn depositados na conta do voluntariado do Concello de As Neves. Grazas de parte da Escola, o Centro Cultural e a asociaciòn Veciñal de Taboexa. Lumes Nunca Mais!!
 





Ningún comentario:

Publicar un comentario