venres, 24 de novembro de 2017

lumes nunca mais (2)

Cando mago Marco me contou da sùa disposiciòn para facer unha actuaciòn para recaudar fondos para paliar os estragos dos lumes na nosa terra sentìn que me caìa enriba unha tarefa grande e que non tiña ganas de acometela, cansancio e desànimo, pero, còmo despreciar a xenerosidade dunha persoa querida polo cole?. De modo que, despois de pasado o susto, o apoio entusiasta das mamàs deume folgos, e a reacciòn tan entregada de Raquel Queizàs (outra artista querida do cole) rematou de disparar o proxecto. O centro Cultural de Taboexa e a Asociacion Veciñal unìronse tamèn
con ilusiòn e asì podemos organizar un dìa enteiro de uniòn e solidariedade..., que gusto para a Escola, traballar codo con codo coa Comunidade! Esa è a Escola que queremos!.
Hai un mes disto e entrementres pedimos colaboraciòn en moitas portas que ningunha se pechou, traballamos arreo, con ilusiòn e dedicaciòn para preparar un acto bonito que recadara diñeiro pero tamèn que movera conciencias, porque pensamos que o monte non ten que arder, que todos e todas podemos facer algo para evitalo ou cando menos minoralo: quere ao monte e sentirnos parte del, da natureza, ver nel (como as crianzas ven) unha continuaciòn de nos mesmos, unha fonte necesaria de saude fisica mental e econòmica e coidalo como se fora a nosa casa, que o è.
E resulta que o 25 de Novembro, Dìa Internacional pola Erradicaciòn das Violencias Machistas, nos estamos a mirar para o monte. Ai!...Son tantas as loitas! Lembramos hoxe as mulleres agredidas polo machismo, que, en maior ou menor medida somos todas. E traballamos  todos os dìas para evidenciar e desterrar eses machismos invisibles (ai, as gafas violeta!) que favorecen e promoven a violencia. Yo te creo!

preparando o local


apañando landras para sementar


grazas bombeiros!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario