mércores, 23 de maio de 2018

O valor trascendental dunha manchea de avelás-


Miras a foto e pensas, ah, comen avelás no almorzo, que simpáticos!, mais, detras desa primeira mirada hai un mundo de significados que, paseniño abrindo paso a outros, si, mais importantes e fachendosos, pero xa nunca coa alma grande destes pequenos xestos, desta primeira infancia libre e máxica, alicerce da súa personalidade.
As avelás foron un agasallo de amigos, veciños  anónimos que son tocados pola simpatía auténtica destas pequenas criaturas.
O abridor das avelás víu de Portugal, non foi doado topar un artefacto para abritr avelás que
fora manexable polas súas maciñas.

Amalia un día, outro día Alberto ou Abel, ou Angel rematan o seu almorzo, e queren saír fora  pero a profe ten medo de deixalos ir soíños ao patio, “ e se te mancas, quen te vai acudir, quen me vai vir avisar?”….”non queres abrirme unha avelá, por favor?”. E queren, sempre queren, por unha banda adoitan ter unha boa disposición hacia o servicio, por outra, ser quen de abrir unha avelá situará ao meniño en cuestión nunha posición de competencia, ser quen de abrir unha avelá supón un paso adiante na súa maduración e o saben. Afrontan o desafío con determinación, a miña proposta autorízaos para iso, non llo pediría se non soubera que poden ou que están cerca de poder. Asi aprenden polos poros da pel a abordar as miñas propostas con ánimo positivo e competente,  que para abrir unha avelá non abonda ser forzuda,  hai que ter control da forza, doutro xeito quedaría esmagada.
E abrindo avelás para uns e outros van rematando un par deles mais, abondo para poder saír ao patio sen min, máis o aproveitamento foi moito mais aló da súa razón superficial (facer tempo), pois este meniño/a en cuestión (ou varios, as veces o feito de abrir avelás para todas, entre bromas e risas pasa a ser mais entretido que o patio mesmo) estivo medrando en autoestima, estivo practicando o control muscular da man (preescritura), estivo practicando a acción servicio (solidariedade, comprensión, amizade); e todo o grupo practicamos o comer avelás (nova sensacións de textura e gustativa,  exercicio dos organos fonadores,  e hábito alimenticio positivo para todas), e practicamos regras de cortesía (gracias, de nada, cara de empanada ja ja).
Iago xa ten 5 anos e xa sabe partir noces, hacia él miran os demais.
O traballo que fan Roi e Nico é comelas, pois ao principio non lles resultaban atractivas, pero, como rexeitar un xesto amable do compañeiro/a?. Axiña serán quen de partir avelás para outros, que fachenda!
Non hai unha ficha feita deste traballo, pero si un paso adiante importante porque, como dicía o principiño, o esencial e invisible para os ollos.
E marchamos ao patio a xogar, contentas e satisfeitas

Ningún comentario:

Publicar un comentario