martes, 4 de decembro de 2018

Vai pasando o Outono



Vai pasando Outono por Taboexa e vai espallando sensacións por todas nós,sensacións sabedoiras de castañas asadas, de sopa de cabaza, de biscoito millo, de infusión de menta e galletas de espelta, sensacións extrañas de ir coñecendo de a pouco cómo é a vida escolar, e cómo nos imos sentido maiores e pequechos nela, sensacións de comodidade e confianza cando todos e todas imos topando o noso espazo onde sentirnos libres de ser , de facer ou non, de dicir ou non, pero de ser o que un é.



Cabazas e feixoas, laranzas e mazás,castañas e noces, avelás e kiwis, pintan a nosa mesas de cores, mais o que certamente alumea é a sesación íntima de que botamos a andar unha nova aventura, de que facemos parte deste espazo e este tempo de crecemento colectivo que é a Escola.









Ningún comentario:

Publicar un comentario