xoves, 27 de xuño de 2019

as letras galegas

A nosa fala nos explica como identidade colectiva e nos une aos nosos antergos, é a raíz que penetra na nosa terra e,en conxunción co mundo subterráneo de clima, composición quimica dos elementos,sensacións sentimentos, orografía, historia...afortala esa unidade de forzas vivas actuais, pasadas e futuras que chamamos cultura.

Porque aquela expresión que non ten tradución é a mostra da resistencia a aceptar que a lingua non é importante, esa expresión diferente agocha unha identidade diferente que nos gusta preservar.
E diferente significa única, pero non mellor nen peor que as outras culturas,que, como humanas, son iguais. Querer e valorar a cultura propia fai mirar as outras con interés cariño e complicidade.
Un 17 de Maio de 1963 editouse en Vigo o libro de Rosalía de Castro, Cantares Gallegos, marcando o inicio do rexurdimento da Lingua Galega na literatura. E un día de Maio de 2019, 11 crianzas dunha pequena aldea Galega reparten marcapáxinas polos comercios da Vila lembrando a todas que temos un tesouro moi prezado merecedor do noso coidado, e o mellor coidado que podemos ter cun idioma é falalo. Falando galego honramos a memoria dos nosos antergos e impedimos, ou alo menos adiamos, a desaparición do mesmo, en retroceso preocupannte, entre outras causas, por mor das políticas regresivas do noso goberno autonómico.
Foi un día de festa para nos, creo que tamén espallamos alegría entre as persoas da vila, as crianza pequenas reparten simpatía e agarimo por onde pasan e deixan un arrecendo festivo nos corazóns.
O Concello convidounos a un concerto no auditorio (Canta miña pedra, canta, de Xoan Curiel) e foi esa cita pretexto ideal para visitar o Centro de Saúde (atendeunos amablemente o enfermeiro Xurxo), o Centro de Día (a señora Pilar de Rubiós falounos da Moura), a Biblioteca....e, para mais festa, topamos unha pista da Raposa no Supermercado! qué algarabía!
E neses días tamèn fixemos o Maio e fomosllo deixar á Moura na Fonte, outra festa mais para nós, entregamos á Natureza un agasallo en agradecemento da vida que nos presta, cantamos o Maio de Luis Emilio Batalláns, xogamos ese día no entorno da Fonte, lugar de maxia e alborozo para o cole...bon, como contar todo...
A integración coa comunidade social e a conexión coa Natureza son  liñas esenciais de traballo da Escola de Taboexa, o mes de Maio regála








nos bós motivos para celebrar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario