jueves, 27 de junio de 2019

o Tesouro da Moura

Si, outravolta topamos o Tesouro, outra vez , xunto co cole de Rubiós procuramos as pistas da Raposa entre petroglifos, fontes, penedos e pozas ate dar coa Raposa.
A Raposa Raquel Queizás, que, coma sempre, sabe conectar coas crianzas pondo nelas esa cara de pasmo e espectación cando escoitan as súas historias, deulles a axuda final para o encontro tan ansiado, Mouri, Poké e o tesouro metidos dentro da Cova. Os maiores poñen as botas, pois a cova ten auga no fondo e van recuperar os nosos amigos, topan o tesouro de lambetadas e xoias para todos e topan tamèn a mensaxe
persoal de Moura para o meniño que marcha a correr novas aventuras no cole de primaria, unhas palabras de agarimo e ánimo para afrontar a nova fase vital que o agarda. Unha cerimonia de graduación moi particular aquí en taboexa, Unha aventura inesquencible,. Nunca poderemos agradecer á Moura de Taboexa tanto alento e inspiración para a labor escolar.
















1 comentario: