martes, 29 de outubro de 2019

desafíos invisibles

Tirei a foto porque fun consciente do momento, consciente do que estaba a acontecer detrás da operación aparentemente sinxela. En realidade hai moitos asi: son esceas que, reflexión mediante, alcanzan unha beleza e un significado que quero plasmar nunha foto. Pero non sempre está a cámara preto, otras veces non quero deixar de mirar e degustar e sacrifico a foto. Son momentos que enternecen e me fan baixar á terra. As novas alumnas adoitan ofreceren moitos deses, ( cando tratan de calzarse ou descalzarse, vestirse, abotoar o mandilón...) que parece que me estean a dicir, "pero profe, non te decatas do esforzo que supón para mín iso que tí me indicas con tanta lixeireza, como se o puidera facer automáticamente, como facedes vos, os maiores?
(esa caste admirada e emulada para desenvolvemento feliz das nosas crianzas)".
Quero entón por a atención na cantidade de operacións neurolóxicas que implican cada unha das novas tarefas que un neno/a emprende, correspondenos a nós, adultos acompañantes do seu desnvolvemento, propoñerllas, secuenciarllas, facilitarllas, darlles a oportunidade de resolvelas por sí mesmos e darlles o tempo para facelo.
E darlles tamèn a oportunidade de fallar sen ser cuestionados, pois no erro liberado de estigma, está a semente da perseverancia, cualidade necesaria para o éxito, o éxito de acadar a meta proposta.
E permitirlles tempo libre e mobilidade para que eles e elas escollan os desafíos que corresponden aos seus intereses e aos seus estadios evolutivos, que son o mellor timón que dirixe ás súas actividades non regradas. O entusiasmo por ser competente e aprender puxa por eles para adiante. Isto acontece así dende que nacemos, así aprendimos a sentarnos, a agarrar un obxecto coa man, a camiñar... Temos que saber apreciar os seus avancespequenos, que son os cimentos dos grandes logros ansiados.
So precisan confianza, indícolle que poña o calcetín porque considero que é quen de facelo (pode que precise unha pequeniña axuda). Se ela percibe en mín esa convición, contáxiase, ármase de coraxe e o intenta con ánimo de conseguilo . As mellores condicións para facelo están dadas, só é cuestión de acompañar, dar tempo e ofrecer esa axuda mínima se é preciso. Claro que sería moito mais rápido porlle os clacetíns pero o criterio de rapidez non é relevante agora. Estamos no tempo escolar, tempo e espacio de acompañamento profesional ao seu desenvolvemento. Alo menos inténtase, Reflexión que non falte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario