domingo, 13 de outubro de 2019

reencontros

Hoxe chove a cachón. É raro porque eu me dispuña a escribir a primeira reseña do curso neste altofalante das miñas inquedanzas que é o blog, cun espìritu postvacacional onde se mesturaba a señardade polo verán que despedimos con preguiza,  e a ilusión que agroma ao ver cariñas ilusionadas coa volta ao cole. Naqueles días aínda quecía o sol e o corpo tiraba hacia a praia e o río e non hacia o cole, era raro tamén.

E nun mes todo mudou, o tempo atmosférico e a miña mente, que xa mira hacia o cole con ilusión e plans a estrenar, e repaso as fotos e resulta que
xa fixemos unha chea de aventuras, fomos á Fonte da Moura, fomos visitar o helicóptero, fixemos zume de uvas, galletas, sacamos a semente das berzas...despois do marabilloso verán, as crianzas voltan ao seu espazo de xogo e relacións sociais e vanse apropiando del con algazara. As propostas de xogo e actividade son variadas e acaídas para eles e elas.

 As novas nenas van paseniño avanzando na familiarización co novo espazo e as novas persoas. Cada quen ao seu ritmo. Non hai presa, quedanlles por diante moito anos de escolarización, sería absurdo apresuralas. Elas están desenvolvento unha tarefa mental e emocional moi complexa que consiste en sentir e saber que neste novo espazo están a salvo e se lles acepta tal e como son. Consiste en sentir e saber que a dinamica escolar é segura porque está deseñada para elas e por iso ten os límites que as protexen do caos. Os límites tamén hai que aprender a comprendelos e interiorizalos.

Empezamos pois, outro curso con intención de ofrecer a este feixiño de amorosa xente, o mellor para que medren sans, libres, capaces e bondadosos, que boa faltiña fai cidadáns responsabeis, traballadores e honestos nos desafíos que temos diante como sociedade. Conto para iso coa colaboración das familias coas súas aportacións construtivas a este proxecto escolar singular no que temos a gran sorte de estar involucrados.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario