domingo, 12 de xaneiro de 2020

focalizar a atención

Se me preguntaran en qué me fixo eu ao mirar a un neno para tratar de facer unha valoración sobre a súa traxectoria escolar  (léase: avaliación), un dos aspectos, un de tantos, despois de aspectos de estabilidade emocionalemaduración xeral, sería a focalización da atención.
Atendendo á función didáctica da Escola, esa que na Etapa Infantil está tan confusa sen que ningunha autoridade poña orde, (parecera que interesa que nos pelexemos entre nós acerca de cál é a función da escola infantil máis aló dos
decretos e burocracias),  a focalización da atención é un dos puntos claves a observar e traballar, sí, xa dende a nosa etapa.
Certo é que é facil observar unha nena dende idades moi temperás, entregada á unha actividade allea a todo o que acontece arredor, sempre digo que esos momenos son xoias a preservar e esa nena non debe de ser interrumpida, pois están traballando funcións neuronais importantes no seu desenvolvemento integral, os nenos déixanse levar polo seu xogo, que nace e se desenvolve seguindo patrón internos que escapan á vontade ou á consciencia deles. Do not distub!

Pero eu quero centrarme no caso dunha tarefa que ven dada dende fora, dende a profe, por exemplo. Entendemos que a proposta da profe foi deseñada con coidado atendendo ás capacidades e intereses do seu alumno, deste xeito topará nel unha actitude máis receptiva hacia a encomenda. ésta pode resultar moi motivadora ou menos pero a crianza confía na profe e se dispón a realizala. Preparao material e os utensilios que precisa, senta correctamente diante da labor e, durante os minutos que dura a mesma concentra corpo e mente a resolver con habilidade, esforzo e pode que deleite. A observación do resultado pode devolver á crianza unha sensación de competencia que a capacitará para,mañán, emprender outro desafío un chsiquiño máis complexo, e así día a día.

Fago fincapé neste punto porque é un dos grandes e graves problemas en etapas educativas superiores:  a falta de autonomía das crianzas ao respecto das súas tarefas e a necesidade de monitorización e asistencia permanente das familias sobre responsabilidades que deben ser xestionadas e resoltas polas crianzas.

Axudarlles a centrar a atención debe de ser a nosa tarefa (si, nosa, a dos adultos acompañantes, eu nos asuntos escolares e as familias nas labores propias da vida diaria), pouco a pouco, respectando ás súas capacidades e a necesidade encontrar sentido ao que fan.









Ningún comentario:

Publicar un comentario