domingo, 12 de xaneiro de 2020

Festival de Inverno ou a celebración de Yule

E chegou o solsticio de Inverno, e o Sol nace de novo na Roda do Ano, facendo os días un pouquioño mais longos, e chegan as vacacións (que rápido pasa un trimestre!) e a nosa querencia polas historias e polas dramatizacións lévanos a preparar un plan para sorprender e agasallar ás familias. Elas, que diariamente proveen e dispoñen as circunstancias de vida dos seus fillos, hoxe só teñen que deixarse sorprender. Nas semanas pasadas concentrámonos en ensaiar, en preparar o escenario (que cuco quedou verdade?) ata en preparar o biscoito que fará a nosa actuación aínda máis completa. Todo naceu cunha canción moi popular no cole, adaptámos á ela a historia e os persoaxes, custo cero, (aquí neste cole as ilusión non sepagan con diñeiro). Preparamos un
desafío á altura das súas competencias e cun pouqiño de esforzo chega o día e estamos máis felices que nerviosos, iso significa que o cáculo estivo ben feito. Unha historia sinxela de impulsos humanos (animais) de bondade, de medo, de egoísmo, e, finalmente de solidariedade valentía e alegría compartida sen resentimentos. Unha historia pequena con un grandísimo corazón, coma eles, as nosas, as vosas crianzas. Feliz Yule!
http://www.neimhaim.com/yule-fiesta-pagana-vikingo-navidad/







Ningún comentario:

Publicar un comentario