luns, 13 de xaneiro de 2020

O Coto Morgallón

Nunca nos esquecerá ese nome porque designa un lugar ligado ás nosas emocións. É o noso xeito de manter a toponimia. Mírase a cabeleira laranxa de Mouri dende a Fonte da Moura diminuta alá arriba naquel curuto tan alto. Hai voluntarios para ir na súa procura? Claro que sí, a diversidade reparte habioliadades e vocacións para todos. Está lonxe e alta máis, como tantas cousas na vida, paso a paso acabamos por chegar e por recuperar a Mouri. Ledicia por atopala,  a satisfacción propia despois dun esforzo recompensado, ou a alegría que da estar nun punto alto da natureza e mirar ao lonxe, tan
lonxe, con ese ceo azul que abríu hoxe?. Non sabemos, dita en fin,de estar no monte, xogando, merendando, caíndo e erguendo, escalando montañas e, coa axuda de Alejandra de Simbiose, como parte
do proxecto O Monte nace na Escola, deleite de sementar centeo coa técnica do Nengo Dango. Un dia tan normal e tan especial, así, a golpe de luns!

http://ladoazuloscuro.lunaazul.org/2017/03/23/nendo-dango-bombas-de-semillas-fukuoka/

                           









Ningún comentario:

Publicar un comentario