mércores, 1 de abril de 2020

Linguaxe e movemento (4) Hitos de madurez para a lectoescrita


As crianzas non deberían ser sometidas ao ensino sistemático da lectoesrita ata que os órganos que interveñen nela estiveran suficientemente maduros. Parece unha obviedade, e o é, entón, por qué observamos con desacougo  como en tantas escolas forzan a aprendizaxe da lectoescrita, impoñéndoa prematuramente , causando danos da fisioloxía implicada e na motivación, aspecto tan necesario para a aprendizaxe?. Se cadra polas presas desta sociedade para conseguir todo rápido? (que acaído este parón do coronavirus para ver que nda é tan urxente!), qué culpa teñen as nosas crianzas das nosas neurosis colectivas? Cómo é posible se se lles estea a danar querendo cre que se lles está beneficiando? Por favor un pouco de reflexión e honestidade!.

As crianzas non deberían ser sometidas ao ensino sistemático da lectoescrita ata que os órganos que interveñen nela estean suficientemente maduros. E cando están maduros? Estímase que ao
redor dos 6 anos complétase o desenvolvemento dos órganos …., pero , como ben sabemos, como o desenvolvemento humano non depende só do tempo cronolóxico senón tamén de aspects xenéticos e ambientais,  éste non se da ao mesmo ritmo en todas as crianzas.  
Se nos empeñamos en que un nenos aprenda a ler ou escribir antes de tempo estaremos ocasionando danos debido ao sobreesforzo intelectual e a frustración. Estes danos poden ser moi graves e, de seguro, non compensan o feito de que o neno/a aprendeu a ler antes, antes de quen?

Entón, como saber se un neno ou nena está suficientemente maduro para encarar aprendizaxes complexas como a lectoescrita ou o cálculo? O ser humano ten un deseño perfecto e expresa de forma simple o complexo, hai unhs serie de habilidadeas de base que son sinasis de madurez. Para nos,mestras, requisitos necesarios para determinar que un neno está preparado.  Debemos entón, por un lado, revisar se están conseguidas, e por outro, deseñar a nosa acción profesional cara a ese obxectivo. Debo mencionar neste punto que linguaxe,  movemento e xogo libre son claves a considerar.


  • O cambio de dentes (os insicivos e o primeiro molar) é un sinal de madurez, que debe ser acompañado de outros sinais dende os diferentes aspectos do ser humano:
  • No eido da motricidade: Precísase para un efectivo e respectuosos aprendizaxe da lectoescrita ter un determinado nivel de control e coordinación de movementos. O equilibrio como control superior de movemento.
  •  Canto á orientación espacial: Se o neno aínda non ten desenvolvida a lateralidade (conectividade entre os hemisferios) e definida a dominancia, é moi cedo para a lectoescrita. Podemos probar a facer un xogo de palmas cruzadas. Será un sinal.
  • A nivel lingüistico é precisa unha conciencia fonolóxica, unha articulación adecuada, memoria visual e auditiva e capacidade expresiva.
  • A nivel emocional a nena ha de sentirse capaz,  a súa autoestima debe estár impecable. Ha de ser quen de regular as súas accións e os seus impulsos.
  • A nivel cognitivo a nena preparada para ler e escribir manten aatenció, escoita de forma atenta e é quen de crear imaxes mentais


Concluimos entón que a educadora infnaitl ha de focalizar a súa acción en preparar un ambiente adecuado para que os requisitos de madurez se dean. Considerando que estes requisitos de madurez van a manifestarse nun ambiente de harmonía, paz, amor e bienestar.
Estou a deseñar unha táboa de probas para chequear o estado das habilidades de base dos meu alumnado de último curso. Cando marche o coronavirus vou por en prácticca estes interesantes descubrimentos e compartir coas familias o que descubra.

charla de Tamara Chuvarovsky sobre Hitos de Madurez
Jordi Catalán, cando comezar o proceso lector?

Aquí remato pois esta serie de publicacións que beben nomeadamente das teorías de Tamara Chuvarovsky agradecendo infinito a xenerosidade de compartir os seus coñecementos con cercanía e eficacia. Estas 4 últimas publicacións fuxen do formato habiltual (reflexións perante ás familias en torno á miña profesión, motivadas por momentos ou fotos do noso día a dia…), pero creo que esta situación tan extraordinaria dame licencia. Será a herdanza do coronavirus (a vinganza dos miúdos) na Escola de Taboexa. Tiña que vir un confinamento para que eu, despois dunha formación oficial sobresaínte e 13 anos de exercicio docente, descubrira “fortuitamente”o que dende agora considero esencial, vaia entón a miña crítica tamén hacia o sistema educativo, o que me formou a mín  e segue a formar mestres cos mesmos “libros” do século pasado. Sistema do que, para a miña vergoña as máis das veces, fago parte.


Ningún comentario:

Publicar un comentario