afectacións psicolóxicas importantes e o mundo do ensino preocupado en non perder nivel académico, facendo ver que é posible seguir o ritmo das aprendizaxes como se non pasara nada, só porque temos (quen teña) ordenador e acceso a Internet …
É hipócrita pretender que co precario manexo que docentes e
alumnado temos das ferramentas tecnolóxicas , poidamos realizar unha docencia
eficaz. Así moitos colegas están agotados nunha carreira que perden todos.
É obsceno centrar a preocupación no nivel académico diante
da traxedia social que estamos vivindo e a que nos agarda.
E sería unha verdadeira mágoa, non ver o que este
confinamento ofrece ao mundo do ensino, a
oportunidade de atender o mundo
emocional, sempre asoballado polas
presas polos contidos académicos que se priorizan ante o que é verdadeiramente
importante da nosa laabor profesional: O
acompañamento, apoio e guía a seres en formación, seres humanos vulnerabeis na súa dependencia dos adultos de referencia,
entre os que nos atopamos os mestres. A
Escola esqueceu que o noso labor é axudar a eses seres a a medrar sans física e
emocionalmente, axudar a alumbrar neles
a autonomía de xuizo e o libre desenvolvemento das súas competencias
naturais que os dote para a construcción dunha sociedade mellor.
Non só sería unha magoa non aproveitar esta oportunidade, se non que é especialmente necesario neste
momento acompañar emocionalmente a estes seres que presencian por primeira vez
nas súas vidas, que os seus adultos tampouco entenden o que pasa e temen polo
que pasará no futuro; esta incertidume e medo nos pais e nais chega aos menores
en forma de amenaza vital. Que a escola
continúe envía ás crinazas a mensaxe de que a pesar do confinamento, hai moitos
aspectos da nosa Vida (como parte da Natureza) que continúan con normalidade,
como cando a primavera mostra fachendosa o seu desobediente avance no agromar
de flores e no canto bulicioso dos paxaros pola mañá. Que as crianzas
experimenten a pertenza ao seu grupo de compañeiras e a compañía serena da
profesora axúdalles a desenvolver ferramentas persoais para afrontar a
situación. Ferramentas que lle han de servir no seu futuro, probablemente moito
máis que a lección de matemáticas que están a perder e que poderán retomar
dentro duns meses.
Estemos presentes os profesores, somos unha referencia
importante para eles, promovamos a cohesión grupal, pero non engadamos estrés,
confusión e incertidume a ésta situación, que sabemos moi difícil para moitas
familias.
Entón é o momento de axudalos a medrar nos aspectos
persoais, de irmos ao cerne, á terra. Qué importa se aprenden esa suma tres
meses despois, se, no canto diso aprendeu o valor dos coidados, a prendeu a cociñar
coa nai, a limpar co pai, aprenden o valor do tempo en familia, aprenden a
imaxinación e a xesitón do tempo propio, aprenden a diferenciar o importante do
accesorio?.
Cómo facelo é a pregunta que cadadía me pon diante do
abismo, pois apenas fomos (mal) entrenados para aprender asmatemáticas e a
linguaxe, nunha carreira apaixoante por reinventarme, por recoñecer e
recoñecermos na pantalla por mudar o punto de vista, imaxinar, desenvolver
recursos que nen sabía que tiña, é o momento de reinventar a Escola.
E de tomar nota para on voltar nunca a “aquela” normalidade
que , enriba de ser ineficaz no eido académico, abandonaba as persoas e o seu
proceso de maduración persoal. Se non
somos quen de facer, despois da crise, unha revisión sobre a nosa actuación,
teremos estragado a mellor oportunidade do mundo nunha (outra) lamentabel proba
da nosa incompetencia, deshonestidade e irresponsabilidade.
Por tanto, aparte do (acompañamento docente ate o remate de curso que mnunca ocuparía as 5 horas diarias ás crianzas nen as 7 ás docentes), promoción automática de curso (por imposibilidade de valoración obxectiva) e dende este preciso instante, creación dun equipo de profesionais ligados ao mundo educativo (psicólogos, docentes, pedagogas, neurocientíficas...) que, tendo en conta as consideracións dos docentes, elaboren propostas de adecuación do currículum, non só á "perda" do trimestre, senón a novos criterios máis respectuosos coas crianzas e mási eficaces cos obxectivos da escolarización. En poucas palabras, menos é mais, menos contidos, mellor aprendidos.
Por tanto, aparte do (acompañamento docente ate o remate de curso que mnunca ocuparía as 5 horas diarias ás crianzas nen as 7 ás docentes), promoción automática de curso (por imposibilidade de valoración obxectiva) e dende este preciso instante, creación dun equipo de profesionais ligados ao mundo educativo (psicólogos, docentes, pedagogas, neurocientíficas...) que, tendo en conta as consideracións dos docentes, elaboren propostas de adecuación do currículum, non só á "perda" do trimestre, senón a novos criterios máis respectuosos coas crianzas e mási eficaces cos obxectivos da escolarización. En poucas palabras, menos é mais, menos contidos, mellor aprendidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario